13 marzo, 2012

Oración da mañá do 10 de marzo de 2012

Do desalento á esperanza, na ledicia de sermos persoas basicamente amadas e perdoadas.

Signo: Unha pedra branca.

Silencio: toma de conciencia de min mesmo/a, da comunidade, de Deus.

Canto

Ergo os meus ollos cara aos montes
de onde me vai vir a axuda?
Vaime vir do Señor Deus
que fixo o ceo e mais a terra (2)

SALMO 51 (50)
Canto ansío, meu Deus, que borres
coa túa compaixón o meu pecado!,
que me laves ben da miña iniquidade,
que me limpes da miña culpa!
Eu recoñezo o meu pecado,
e teño sempre presente a miña culpa.
Contra ti, contra ti mesmo , eu pequei
e fixen o que é malo aos teus ollos:
por iso será xusta a túa sentenza
e aparecerá recto o teu xuízo.
Si, eu nacín na fraxilidade,
ser humano e pecador concibiume miña nai;
ti amas a verdade no corazón
e no íntimo ensínasme sabedoría.
Se ti me purificas,  serei limpo;
se ti me lavas, quedarei branco coma a neve.
Que sinta o teu gozo, a túa ledicia,
que relouquen os meus ósos quebrantados.
Que a túa ollada envolva o meu pecado,
para borrar de todo as miñas culpas.
Deus, só ti podes crear en min un corazón puro,
e renovarme por dentro cun espírito firme.
Que nunca me arrede da túa presenza,
que non lle peche as portas ao teu santo espírito.
Devólvesme a alegría da túa salvación,
sostesme co espírito xeneroso

Ensinarei o teu camiño á xente pecadora
e volverán a ti os extraviados.
Hasme librar da violencia,
Señor, meu Deus e salvador,
e a miña lingua contará a túa xustiza.
Cando ti abres os meus labios, Señor,
a miña boca pregoa a túa loanza.
Con sacrificios ti non te compraces,
se che ofrezo holocaustos, non os aceptarás.
O meu sacrificio, Deus, será o espírito contrito;
un corazón contrito e humilde
ti, Deus, non o desprezas.
Meu Deus, que goce o teu pobo coa túa bondade,
que se vexa defendido pola túa misericordia!
Entón aceptarás a ofrenda do seu amor,
e a xustiza florecerá nas súas mans orantes.

Apoc 2, 17

Preces. Noso Pai.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.