13 outubro, 2012

"Un periodista en el Concilio"


Ola, ola. Dende hai días estaba a pensar que preciso homenaxear dalgún xeito ao Concilio Vaticano II agora que estamos no seu cincuentenario. Lémbrome que no ano 1978, na biblioteca do seminario salesiano “La Fontana” en León, atopeime cos libros de Martín Descalzo “Un periodista en el Concilio”.

Supoño que hoxe en día será difícil de crer que un rapaciño de 15 anos se puxese a lelos, pero por moi incrible que hoxe pareza, así foi. Así que decidín estes días ir lendo de novo aqueles volumes, pero pouco a pouco, día por día. Hoxe, por exemplo, o do 7 de outubro de 1962: “¿Qué espero yo del Concilio?”. Atopei unha páxina en internet onde precisamente se pode facer iso que eu quería facer: ler día por día, volver saborear o entusiasmo co que o cura xove e xornalista vive aqueles días preñados de tantas ilusións, de tantas utopías e esperanzas.



Si, eu quero homenaxear ao Concilio. Síntome fillo del. E atopei esta maneira sinxela de o facer. Por se a alguén lle pasa algo parecido, aí queda a páxina:

http://hsotto.cl.tripod.com/concilio/index.htm

e se non…coma sempre…tan amigos. Xabi.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.