martes, 27 de novembro de 2012

2 de decembro: Domingo 1 de Advento (C)


Evanxeo: Lc 21, 25-28.34-36

Comentario

Empezamos o tempo do Advento, tempo da chegada, tempo do Deus que chega e das cousas de Deus que chegan. Un tempo para decatarnos de que Deus e as súas cousas de vida están chegando sempre; elas están aí ofrecéndose permanentemente, en cada caso, iso si, envoltas nas circunstancias persoais, comunitarias, sociais, que van variando segundo tempos e lugares. Polo tanto, e a diferencia do que habitualmente se di e se canta e reza neste tempo do Advento, non é tanto un tempo de clamar: Ven, Señor Xesús!, senón tempo de abrir os ollos, o corazón, a casa, a vida, a comunidade, a un Señor Xesús que está chegando –el nunca falta á cita--, que se nos está ofrecendo en cada caso, xa o dixemos antes, a través das circunstancias concretas que esteamos vivindo. Por iso o Advento é un tempo especial para pararnos a ver qué é o que está a pasar, o que nos está a pasar, o que lle está a pasar aos veciños e veciñas, ao pobo do que formamos parte, e ver aí a presenza de Deus, a súa voz, o seu ofrecemento, a súa chamada.

domingo, 25 de novembro de 2012

Entrevista a Mª Victoria Molins


O pasado venres tiven a oportunidade e a sorte de ter acendida a radio no momento que entrevistaban á monxa teresiana Mª Victoria Molins. Foi unha desas entrevistas que te gratifican.
 

xoves, 22 de novembro de 2012


Evanxeo: Xn 18, 33b-37

Comentario

Pechamos con esta festa de Cristo Rei o ano litúrxico, que se iniciará de novo o domingo que vén coa entrada do Advento. A festa de Cristo Rei é unha festa relativamente recente dentro da liturxia católica; foi instituída polo Papa Pío XI no ano 1925, cando se conmemoraba o XV centenario do Concilio Ecuménico de Nicea, concilio no que entre outras cousas se engadiron ao Credo Apostólico as palabras “... e o seu reino non terá fin”. A festa, logo, foi instituída para celebrar este reinado e a persoa que o realiza, que é Xesús.

xoves, 15 de novembro de 2012

18 de novembro: Domingo XXXIII do Tempo Ordinario (B)


Evanxeo: Mc 13, 24-32

Comentario:

A situación tensa, tensísima vivida polas primeiras comunidades cristiás, que houberon de afrontar conflictos serios co mundo xudeu e co mundo romano; as circunstancias de guerra e destrución vividas polo pobo xudeu co que convivían as comunidades cristiás; a tardanza da chegada do Reino de Deus cumprindo a promesa dunha volta do Fillo do Home para restablecer as cousas todas..., todo isto deu pé a este tipo de literatura relixiosa, chamada apocalíptica, que recollen os evanxeos sinópticos, e que vén representada en forma de discursos postos na boca de Xesús nos últimos días da súa vida terrestre. O evanxeo de hoxe é un anaquiño do discurso apocalíptico de Xesús, segundo o evanxelista Marcos.

martes, 13 de novembro de 2012

Segunda sesión


Lecturas:



TORRES QUEIRUGA, A., Recuperar a creación. Por unha relixión humanizadora.

SEPT, 1996, pxs. 13-64.







GUERRA CAMPOS, M., La confesión de un creyente no crédulo.
 
Verbo divino, Estella (Navarra), 1998.




luns, 12 de novembro de 2012

Primeiro Encontro


Saúdo. No nome propio, tamén no nome de Deus. 
Signo: FILLOS E FILLAS DE TIMEO, para a oración desta mañá, para toda a nosa presenza na escola de espiritualidade. O proceso de Bartimeo (Mc 10,46-52)

mércores, 7 de novembro de 2012

11 de novembro: Domingo XXXII do Tempo Ordinario (B)

Evaxeo: Mc 12,38-44

Comentario

O Evanxeo de hoxe preséntanos dous cadros dunha intensidade excepcional; dous cadros que ofrecen dúas formas contrapostas de se situar ante un mesmo coma persoa, de se situar na relación cos demais, de se situar na relación coas cousas, cos bens, cos cartos, de se situar ante a construción da comunidade cristiá e da sociedade, e, con todo isto, dúas formas tamén de coidar e educar o propio corazón, os propios afectos, a propia existencia. Un cadro está representado polos letrados, que eran persoas moi entendidas nas cousas da lei xudía, unha especie de sabios ou teólogos; o outro cadro está representado pola viúva pobriña, unha figura social frecuente na sociedade xudía, que viña a ser coma a representación máis cabal do que era estar desprotexida.

xoves, 1 de novembro de 2012

4 de novembro: Domingo XXXI do Tempo Ordinario (B)


Evanxeo: Mc 12,28b-34

Comentario:

Nun momento de discusión de Xesús con persoas que se tiñan por moi entendidas en cousas de relixión, un letrado achégase a Xesús para lle preguntar algo que para os xudeus tiña a súa importancia, porque, no seu afán por convertelo todo en normas e preceptos, chegaran a facer un compendio de 613 que deberían cumprir para satisfacer a Deus. Nós non chegamos a tanto, pero temos que recoñecer que moitas veces discutimos, debatemos, de palabra ou por escrito, sobre mil cousas que teñen que ver tamén con ritos, normas, formas, credos, palabras,... Por iso, non está de máis que tamén aprendamos con Xesús a pousar os ollos e o corazón no esencial. Que é o esencial da nosa fe, da nosa condición de persoas cristiás? Que é aquilo que nos distingue coma tales?