12 novembro, 2012

Primeiro Encontro


Saúdo. No nome propio, tamén no nome de Deus. 
Signo: FILLOS E FILLAS DE TIMEO, para a oración desta mañá, para toda a nosa presenza na escola de espiritualidade. O proceso de Bartimeo (Mc 10,46-52)

Salmo 8 (versión oracional)
Señor, Deus noso,
que admirable é o teu nome
en toda a terra (bis)

A túa gloria éncheo todo de vida!
Da boca das nenas e meniños
fas saír unha loanza
fronte a quen te despreza ,
provocando admiración
en quen antes te ignoraba.

Cando contemplo o ceo, feitura da túa man
a lúa e as estrelas que nel fixaches,
qué son as persoas,
para que delas te lembres,
o ser humano, para que del te ocupes?

Fixéchelo á túa imaxe e semellanza,
coroáchelo de honor e dignidade;
confiácheslle as obras das túas mans,
puxéchelo ao coidado de todo:
rabaños de ovellas e touros,
e mesmo os animais salvaxes,
os paxaros do ceo e os peixes do mar,
que fan carreiros polas augas.

CANTIGA (coma “Onda ti, noso Pai...)
Esmoleiro ao carón do camiño,
coa pobreza na palma das mans,
cara a ti, meu Xesús, o meu berro,
cara a ti, meu Señor, meu irmán.
O baleiro da miña persoa
é máis fondo ca o fondo do mar;
só ti tes, meu Xesús, para enchelo
luz e ben, ilusión, forza e paz.

Nestas mans que eu estendo confiado/a
as dos pobres do mundo están,
as que choran tristuras, miserias,
as que buscan tenrura e pan.

Cara a ti me levanto lixeiro,
que o amor novas forzas me dá,
cara a ti que nos meus compañeiros
me regalas consolo e fogar.

Cómo medra a fe no meu peito
e coa fe a ilusión de loitar
canda ti, meu Xesús, o camiño
que nos leva a total irmandá(de)!

ORACIÓN DA COMUNIDADE:
Quen queira, erguéndose e estendendo a man, agradece algo do que teña recibido na escola ou fóra dela, e presenta o desexo do que espera recibir tamén da escola e da vida. De vez en cando cantamos:

Mira, meu Deus,
aquí estou para quererte,
estas mans,
estas mans para servirte
en quen máis precise delas.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.