13 novembro, 2012

Segunda sesión


Lecturas:



TORRES QUEIRUGA, A., Recuperar a creación. Por unha relixión humanizadora.

SEPT, 1996, pxs. 13-64.







GUERRA CAMPOS, M., La confesión de un creyente no crédulo.
 
Verbo divino, Estella (Navarra), 1998.




Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
  • O prólogo do libro de Andrés Torres Queiruga (pxs. 13-28) é un brevísimo resumo-repaso do “novo estilo teolóxico” co que el nos está invitando reiteradamente desde hai anos a enfrontarnos coa tarefa de repensar a nosa fe. Entendo a forma e o sentido dese novo estilo teolóxico? Suscítame algunha incomodidade, algunha dúbida, algunha pregunta?
  • O Capítulo I (pxs. 29-67), é un dos capítulos que compoñen a I parte do libro que pretende ser de Fundamentación das propostas de Andrés para repensar a creación. Desde a reflexión filosófica e teolóxica, Andrés pretende axudarnos a comprender en qué consiste en realidade a nosa condición de sermos persoas creadas por Deus. Seguro que nos provocará no campo das ideas, e seguro que nos provocará, e moito, no campo das experiencias, no campo do noso sentir a Deus en nós que vaiamos tendo. Tamén aquí nos poden xurdir dúbidas, incomprensións, desacordos,... É ben que os vaiamos formulando conforme imos lendo e estudando e orando o texto, para despois podelos presentar na reflexión asemblearia que teñamos no próximo encontro.
  • A actitude para comprender e avanzar na comprensión destas cuestións é a dunha busca do mellor de Deus en nós, co corazón na man, e a dunha esixencia e seriedade de pensamento, para que o Deus en nós se nos faga solidamente entrañable como persoas “modernas”, e para que poidamos falar del, testemuñalo, de forma digna e seria, aos nosos contemporáneos, tamén xente “moderna”.

Tamén podes ler:

GAUDIUM ET SPES (O gozo e a esperanza), Constitución Pastoral do Concilio Vaticano II, que trata sobre a Igrexa no mundo actual, especialmente o Proemio xeral e os capítulos 1-3 da primeira parte.

PASAXES BÍBLICAS:


Capítulos 1-3 do libro da Xénese, unha versión mítica do feito da creación, que, coma todos os mitos, ofrécenos elementos relativos e elementos substanciais da nosa condición de creaturas.
 
A carta de San Paulo aos Romanos, que fai unha interpretación teolóxica da realidade da creación e da salvación, tamén con elementos relativos e elementos substanciais.
 
Os Salmos 8, 103(102), 104(103), entre outros, pódennos axudar a achegarnos na pregaria á nosa condición de persoas creadas por amor, dentro do conxunto da creación, que tamén o foi, tamén o está sendo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.