22 decembro, 2012

En memoria agradecida de Miguel Carneiro

Acolle nas túas mans, Señor da Vida,
a vida deste irmán que foi tan noso.
Distinta, irrepetible, cada vida
faise eterna no misterioso fondo
do teu amor que garda os nosos días
mentres dorme na terra o noso corpo.

Aínda sen saber cando nin como,
temos certo que ha vir a primavera
coa forza luminosa dun sol novo
que fará reverdecer a terra,
e aqueles que o amor ten no recordo
terán na túa paz ledicia eterna.
Amén

(Texto de Bernaldo García Cendán)

2 comentarios:

  1. Dolores Mantiñán23:41

    Grazas. Fermosísimo texto. Coa certeza desa primavera coa forza dun sol novo, Bo Nadal (todo o ano) a todos e todas.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo14:57

    Fermoso texto e fermosísima imaxen dun servidor de Deus.Bo Nadal e mellor 2013.

    ResponderEliminar

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.