venres, 20 de decembro de 2013

2º Encontro do curso 2013/2014



PARA MANTER VIVA A NOSA ESPERANZA

Símbolos:

Cana abaneada polo vento / Roupas finas / imaxe dun profeta. (Mt 11,2-11)


Canción:


ONDE POS A ESPERANZA?
ONDE POS A TÚA VOZ?
ONDE POS O TEU DEUS?
ONDE POS O TEU AMOR?

Cana abaneada polo vento…
persoa superficial,
sen criterio,
sen fundamento,
sen consistencia,
sen aguante,
sen experiencia propia,
sen palabra propia,
sen madurez,

levada polo aire que sopra,
pola apetencia que chama,
pola comenencia que atrae,
pola covardía que asusta,
polo medo que paraliza,

sen saber o que é,
sen saber o que quere,
sen saber o que busca.

Xoán non era así,
e ti?


Roupas finas...
Quen se mide polas aparencias,
polo prezo das súas roupas,
polos cartos que manexa,
polo marca do coche,
polas influencias que ten,

Persoa vaidosa,
oca, baleira, fofa,
que tapa con sedas
a súa fonda nudez;
quen se avergonza
de mirarse por dentro,
que ole a Giorgio Armani,
e non a ovella,
a pobo, a xente,
a irmán, a irmá.

Persoa exquisita,
distante, soa,
superior:
roupas finas,
ideas finas,
palabras finas...
Xoán non era así,
e ti?

Profeta
convicción,
firmeza,
paixón,
palabra,
fidelidade
humildade.

Valentía,
denuncia,
risco,
pobreza
sacrificio,
morte.

Amor,
fe,
esperanza.
pobo.
Deus.

Respecto,
atracción,
admiración,
loanza.
Xoán era así. E ti?


...................................................................................................................................................................
LOANZA PROFÉTICA: Evocamos persoas que nos liberan, que nos arrastran coa súa maior ou menor profecía, que nos provocan ao agradecemento e á esperanza.

PEQUENA OFRENDA EN BELÉN: Dispoñéndonos para o Nadal, con que nos gustaría agasallar ao neno espido, aos nenos e nenas espidas do mundo que mellor o representan.


AI, CANTO AMOR, AI CANTO AMOR, NUNHAS POBRES PALLAS NACEU O SEÑOR

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.