01 maio, 2014

A mirada de Ángel (Diario da nai dun neno con autismo)


Hoxe cumpriu 29 anos Ángel. El é o protagonista do libro “La mirada de Ángel” escrito por miña irmá María Luisa.

O libro saíu o pasado luns e xa o tiña encargado. O martes á tardiña tíñao nas miñas mans. Cheguei tarde á casa e despois de cear, Isabel e máis eu puxémonos a lelo comunitariamente e non fomos quén de apartar a vista das súas páxinas, que ás veces case non viamos polas bágoas e emocións que encollían o corazón.Rematamos a lectura xa pasadas as tres e media da madrugada.
Qué fermosa lección de loita, de tesón, de entrega, de esperanza, de amor... a que retrata tan ben a miña irmá, nai dun mozo autista

Que bo xeito de facer visible a esta xente tan especial como é Angelocho e, especialmente, a eses pais/nais que están a loitar, cun amor e unha esperanza total, contra os que pasamos indiferentes ao seu carón e, sobre todo, contra a indiferenza e atrancos que atopan nas Administracións Públicas.

Miña irmá está vinculada á Fundación Autismo Coruña e comprometida cos seus valores, foi durante oito anos secretaria do padroado desta fundación tutelar. Coma autora deste libro desexa contribuír a recoñecer o valor e a dignidade das diferenzas.

Na contraportada do libro dise: “A lectura de La mirada de Ángel é unha experiencia emotiva e moi enriquecedora que non deixará a ningún lector indiferente, a máis de ser un medio prodixioso para achegar á sociedade a unha realidade que aínda sendo parte da nosa vida mantense en moitos casos coma unha grande descoñecida”

A autora e o ilustrador deste libro doan a remuneración correspondente aos dereitos de autor á Fundación Autismo Coruña.

Recoméndovos á súa lectura.


4 comentarios:

  1. Non coñezo o libro, pero, de entrada, paréceme ben interesante polas mesmas razóns que ti, Xosé María, indicas. É certo que hai moitos mundos persoais, cheos de riquezas e de excelencias, que pasan ao noso carón e nin nos decatamos sequera, perdendo a posibilidade de enriquecernos con eles, de sentirnos provocados por eles a dar pasos cara a diante no mundo das solidariedades que son os máis preciosos e construtivos. Por que non levas uns cantos libros ao próximo encontro do día 10? A min resérvame un. Apertas agradecidas.

    ResponderEliminar
  2. Eu tampouco lin o libro pero teño moitas ganas de facelo. Como dicides, é necesario ter consciencia deses mundos persoais, pequenos, e que realmente fan que a nosa sociedade tome consciencia e avance! Moitas apertas dende Irlanda!

    ResponderEliminar
  3. José María F. Vázquez14:46

    Como continuación ao meu artigo, pixera engadir este enlace da entrevista que lle fixeron á autora e máis ao editor no programa Vía de V Televisión. Unha boa entrevista que conduce moi ven á súa presentadora para falar de todo o relacionado coa xente que padece estes problemas.
    http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2014/05/09/0031_3547827265001.htm

    ResponderEliminar
  4. Querido José, leva-nos um exemplar para Sobrado, pois queremos adquirir esse precioso libro...
    Com estima fraterna,
    Emília e Mário
    grão de mostarda

    ResponderEliminar

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.