13 xaneiro, 2015

Segundo encontro do curso 2014/2015


María embarazada
Igrexa de Santiago (A Coruña)
Signo: Imaxe de Santa María embarazada

Evanxeo: Lc 1, 26-38

Cantiga:

Deus soña en min,
Deus soña en ti,
Deus soña en todos/as nós.
Soños de pan,
Soños de paz,
soños de liberdade.

Deus canda min,
Deus canda ti,
dando luz e vigor.
Préstalle as mans,
as mans de irmán,
para a fraternidade.


Salmo 72 (adaptado)

Deus, que abunde o rei no teu xuízo,
o fillo de reis, na túa xustiza;
para que rexa o teu pobo rectamente
e os teus pobres con equidade.

Os montes traerán prosperidade ao pobo,
os outeiros, xustiza.
El dará o dereito á xente humilde,
socorrerá as persoas indixentes,
acabará con toda opresión.

Durará canto dure o sol,
tanto coma a lúa, polas xeracións.
Será coma chuvia no prado,
coma trebón que rega os terreos.
Florecerá a xustiza nos seus días,
unha prosperidade duradeira coma a lúa.

Entregarase en servizo de mar a mar,
desde o gran río ata o cabo da terra.
Os inimigos da xustiza fracasarán diante del,
os violentos non terán nada que facer.

Acollerano agradecidos os pobos todos,
cantarán no seu honor.
Os poderosos recoñecerano,
todas as nacións suspirarán pola irmandade.

El librará o pobre que suplica,
a xente aflixida que está sen axuda.
Terá piedade das febles e indixentes,
salvará a vida das persoas pobres;
libraraas da inxuria e da opresión,
pois a súa vida é preciosa aos seus ollos.

Vivirá e traeranlle ofrendas de valía,
orarán sempre por el,
todo o día o bendición.
Abundará o trigo nos campos,
ondulará nos montes coma na Terra Chá.

Que o seu nome dure por sempre,
que brille coma o sol a súa fama.
Que se alegren nel todos os pobos
coma fonte de bendición para mundo enteiro.

Bendito sexa o Señor, Deus de todas as xentes,
o único que fai marabillas.
Bendito sexa por sempre o seu nome glorioso
e que a terra se encha da súa gloria.
Amén. Amén.

Preces (para facer realidade os soños de Deus)

Cantiga:


ESCOITA, IRMÁN, / TEMOS MOITO QUE FACER /
SOMOS AS MANS DE DEUS.


NOSO PAI/MAI, EN QUEN VIVIMOS E EXISTIMOS …

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.