06 abril, 2015

Cuarto encontro do curso 2014-2015




“Non teñas medo, miña grea pequena,
que o teu Pai compraceuse en darche o Reino” (Lc 12,32)


Cantiga

COMO CHE CANTAREI, MEU DEUS,
COMO CHE CANTAREI?
COMO CHE CANTAREI, MEU DEUS,
TAN POUCA COUSA EU SON.



Señor, ti fuches o noso agarimo
ao longo das xeracións.

Antes que os montes xurdisen
e fosen formados a terra e o universo,
desde sempre e por sempre ti es Deus.
Ti podes volver ao po os seres humanos
Só con dicirlles: “fóra mortais”.

Mil anos ante Ti
son coma un onte que pasou,
coma unha vixilia na noite.
Ti falos pasar e son coma soño mañanceiro,
coma herba que agroma:
pola mañá florece e verdea
e á tarde ségana e seca.
-----------
Sen o teu amor desfalecemos,
sen o teu coidado perecemos,
as nosas culpas esmágannos,
escurecen a luz da túa presenza.
Lonxe das túas mans, os nosos días esvaecen,
os nosos anos pasan coma un suspiro.

A nosa vida é de setenta anos,
de oitenta a das persoas máis fortes;
e os máis deles son de traballos e miserias,
pasan de présa e nós voamos.
Quen puidese valorar a forza do teu amor,
agradecer a desmesura da túa bondade!
-------------
Porque ti nos ensinas o valor dos nosos días,
nós aprendemos a vivir con sentido.
Por canto tempo, Señor, lonxe de ti?
Como necesitamos a túa liberación!

Que nos cubra a fartura da túa misericordia
para que a nosa vida teña felicidade e ledicia.
Que a túa alegría nos envolva e nos cure
de tanto abuso e aflición.
---------------
Que as túas criaturas vexan a túa acción,
e os teus fillos e fillas, o teu esplendor.
Que a bondade do Señor, noso Deus, sexa connosco
e que el asegure as accións das nosas mans.


Momento de compartir algo do que o salmo suscita en nós.

Momento de solidarizarnos coa fraxilidade de xente coñecida.

Oración do Noso Pai.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.