15 xuño, 2015

Encontro grão de mostarda



Da busca da paz interior a unha amabilidade compromedita



Os encontros grão de mostarda, que se realizan anualmente no Verán, buscan reflexionar sobre camiños de confianza e de compromiso solidario. A idea motivadora do encontro deste ano está identificada no tema da CARTA EN BUSCA que enviamos (ver texto ADXUNTO).

Será posible para a Humanidade atopar un “tempo de paz”, se no íntimo do noso corazón non vivimos pacificados?

O encontro anual da comunidade, dia 11 de xullo (sábado), pretende ser espazo para nos escoitar e abrir camiños interiores que posibiliten horizontes de esperanza…

A CARTA EN BUSCA desexa ser o lastro, o fertilizante da escoita e do compartir en cada un dos talleres, que decorrerán durante a mañá. Pola tarde, o tempo de “espertar a palabra”, realizado en diálogo aberto entre todos e todas, permitirá deseñar fraternalmente camiños de amabilidade comprometida, itinerarios dun “tempo de paz”…


ESTRUTURA DO ENCONTRO 2015
11 de xullo (sábado)

10h Acollemento

10,30h Presentación da comunidade, actualmente constituída por dúas fraternidades
e
Escoitar a palabra
Tempo de interiorización e de introdución ao tema do encontro:
DA BUSCA DA PAZ INTERIOR A UNHA AMABILIDADE COMPROMETIDA

11h a 12h Talleres “Da busca da paz interior”
Un dinamizado por Ana Cristina Aço e outro por Pedro Castillo Cotelo, abordando diferentes tradicións espirituais

12h Pausa/convivencia

12,15h a 13h Compartir en pequenos grupos
Constituídos por participantes de cada un dos talleres, diálogo aberto, permitindo compartir as diferentes perspectivas sobre os camiños da busca da paz interior; e de cuestións a tratar no diálogo aberto da tarde.

13h Apoio á organización da comida compartida, compartindo o que cada un e cada unha desexe traer, SEN EXCESOS.
A comunidade disporá a “base” da comida: pan, ensalada ou vexetais cociñados.
Agradecemos que nos recipientes se coloque unha identificación, así facilitará a entrega no final do encontro.

13,30h Comida

16h a 18h Espertar a palabra
1º tempo: Diálogo a partir da reflexión e diálogo realizados logo dos talleres.

Introdución, feita pola comunidade, ao segundo tema da CARTA EM BUSCA – “a amabilidade comprometida”.
Diálogo sobre a amabilidade comprometida, como consecuencia da busca da paz interior e camiño de toda unha vida

2º tempo: Ideas, propostas de camiños, experiencias ou suxestións que nos axuden a humanizar a nosa vida e a humanizar a humanidade.

18h Despedida/merenda compartida.


ESTAMOS TODAS CONVIDADAS E TODOS CONVIDADOS
Para facilitar a organización do encontro, pídese confirmación (por mail ou teléfono) até ao próximo dia 28 de Xuño.
Quen quera chegar o venres e/ou marchar o domingo, pode comunicalo antes do 15 de xuño.
Tamén hai dispoñibilidade de aloxamento e transporte en Braga e na rexión do Porto (cerca de 40 min. de coche até Forjães).

▪ LOCAL:
Forjães (concelho de Esposende) – Rua da Feitelha, 247 (casa de madeira)

▪ ACCESOS:
Entrando en Portugal por Valença coller dirección Vilanova de Cerveira/Viana do Castelo tomando a A28 ata atravesar a ponte sobre o río Lima. Coller dirección Porto/Braga/Barcelos para saír á N103 (saída 21) Despois de pasar a fábrica con chemineas de ladrillo coller á dereita en fronte da casa cor rosa (queda á esquerda)e logo á esquerda é a R. da Feitelha.

▪CONSULTAR:
https://maps.google.com/maps?saddr=Tui,+Espanha&daddr=Valen%C3%A7a,+Portugal+to:41.8193074,-8.8017322+to:Rua+da+Feitelha,+4740,+Portugal&hl=pt-PT&ie=UTF8&ll=41.640078,-8.789062&spn=72.52081,158.027344&sll=41.820969,-8.677459&sspn=0.575157,1.234589&geocode

Contactos: graodemostardacomunidade@gmail.com
ou teléfonos:
Forjães (Portugal): (00351) 253 193 543; 96 410 9037; 96 533 6325
Santiago de Compostela (Galiza): (0034) 676291904; 646087701

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.