23 abril, 2016

Cuarto encontro do curso 2015 / 2016


Oración pascual, celebrando a vida

Signo: Veliñas e flores

1.- Silencio, sentimos a vida en nós, no propio corpo, no propio ser. O grupo, un forno de vidas.

CANTO:  SEÑOR, DEUS NOSO, QUE ADMIRABLE É O TEU NOME
             EN TODA A TERRA, EN TODA A TERRA.

2.- En silencio tomamos conciencia da vida que hai ao noso redor, fóra de aquí, a natureza en primavera, os animais, a xente, feitos persoais, sociais, eclesiais, políticos... Proclamamos esas presenzas de vida. Agradecémolas. Por cada unha delas achegámonos á mesa e acendemos unha veliña ou poñemos unha flor.

CANTO:  XENTES TODAS, APLAUDIDE CON LEDICIA,
             ACLAMADE O SEÑOR EN MEDIO DE ATURUXOS.

3.- Lectura do Evanxeo: Xn 6,16-21

É a Pascua completa de Xesús resucitado. Celebrámola. Pero nós aínda non estamos en Pascua completa. Estamos en camiño de Pascua, provocad@s, sostid@s polo mesmo Xesús. O Evanxeo evoca esta condición nosa incompleta, os nosos medos, pero ofrécenos a presenza de Xesús que dá firmeza e valentía.
Escoitamos o Evanxeo. Pensamos algo nas cousas que frean a vida en nós e na nosa sociedade, pensamos nos medos que van retrasando os triunfos da vida en nós, nas nosas comunidades, na Igrexa, no mundo. Pensamos e, se queremos, compartimos.

4.- Recitamos a xeito de ladaíñas (letanías):

Cando baixamos ao mar da vida,
O TEU RECORDO, XESÚS.
Cando montamos nos botes oscilantes,
A TÚA CONFIANZA, XESÚS.
Cando a noite se fai pecha,
A TÚA LUZ, XESÚS.
Cando nos sentimos sos/soas,
A TÚA COMPAÑA, XESÚS.
Cando non damos chegado á meta,
A TÚA RESISTENCIA, XESÚS.
Cando o mar se empeza a picar,
A TÚA SERENIDADE, XESÚS.
Cando o vento pega forte,
A TÚA FORTALEZA, XESÚS.
Cando os medos nos aflixen,
A TÚA VALENTÍA, XESÚS.
Cando a travesía remata,
A TÚA PAZ, XESÚS.
Sempre, en toda hora,
A TÚA PRESENZA, XESÚS.


NOSO PAI E APERTA PASCUAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.