11 abril, 2017

Xoves Santo

Deixarse lavar os pés

"Pero, cando chegou onda Simón Pedro, este díxolle:
- Señor, vasme lavar os pés ti a min?
Xesús respondeulle:
- O que eu fago ti non o entendes agora; halo comprender despois.
Pedro replicoulle:
- Ti non me lavaras os pés a min endexamais".
(Xn 15,6-8a).

Deixarte lavar os pés por Xesús, pola xente, é deixarte aloumiñar e querer por Deus, pola xente.Deixarte lavar os pés é deixarte coidar por Deus, pola xente.Deixarte lavar os pés é ter conciencia da túa sucidade, do teu pecado, da túa debilidade.Deixarte lavar os pés é aceptar agradecido/a as críticas e correccións dos demais.Deixarte lavar os pés é querer medrar no ben, na bondade, na liberdade.Deixarte lavar os pés é aceptar que todos/as precisamos de todos/as.Deixarte lavar os pés é participar na alegría da xente pobre e débil.Deixarte lavar os pés é gozar sentíndote digna/o da atención dos demais.Deixarte lavar os pés é entender que o mellor da vida é o servizo.Deixarte lavar os pés é tomar conciencia, con humildade, da propia dignidade.Deixarte lavar os pés é ver o moito que vales aos ollos de Deus e da xente.Deixarte lavar os pés é admitir a irmandade como sistema de vida.Deixarte lavar os pés é dar e recibir confianza.Deixarte lavar os pés é admitir que somos familia, comunidade.Deixarte lavar os pés é vivir en constante agradecemento.Deixarte lavar os pés é algo revolucionario.Deixarte lavar os pés é o primeiro mandamento dunha relación sá con Deus.Deixarte lavar os pés é máis difícil que lavarlle os pés á demais xente.

"Xesús respondeulle:
- Se non te lavo, non terás parte comigo.
Exclamou Simón Pedro:
- Señor, daquela os pés, as mans e maila cabeza" 
(Xn 13, 8b-9).



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.