06 decembro, 2017

1º Encontro curso 2017/2018



“Ti, pola contra, cando queiras rezar, métete no teu cuarto, pecha a porta e rézalle a teu Pai que está no oculto; e teu Pai, que ve o oculto hate recompensar. E cando vos poñades a rezar, non sexades lareteir@s coma os pagáns. Botan de conta que os van escoitar polo moito falar. Non sexades coma eles, porque voso Pai ben sabe o que precisades xa antes de que llo pidades”. (Mt5,6)

“Brevis debet esse et pura oratio” (a oración debe ser breve e pura) (S.Bieito, Regra, 20,4).


1.- Saúdo:
saímos de nós cara a quen nos rodea.

2.- Salmo de loanza: Salmo 65 (versión oracional á luz do Evanxeo)
saímos de nós cara ao Deus que nos envolve.

OS RÍOS DE DEUS VAN CHEOS DE AUGAS,
OS RÍOS DE DEUS VAN CHEOS DE FARTURA

Deus, ti es merecedor da loanza do teu pobo,
a ti se che cumpren as promesas.
Porque escoitas a oración da xente,
todo o mundo se achega a ti.
Os nosos pecados oprímennos,
pero ti perdoas as culpas.

Felices todas nós invitadas por ti
para morar nos teus adros.
Fartarémonos cos bens da túa casa
e co don incomparable da túa compaña.

OS RÍOS DE DEUS VAN CHEOS DE AUGAS,
OS RÍOS DE DEUS VAN CHEOS DE FARTURA

Ti fasnos xustiza con prodixios,
Deus, o noso salvador,
esperanza dos confíns da terra
e das praias remotas.
Ti afincas os montes con forza,
cinguido do teu poder.

Ti amainas o rebumbio do mar,
o estrondo das ondas
e o tumulto dos pobos.
Quen habita nos extremos do mundo
queda abraiado diante dos teus sinais.
Ti aledas as saídas
da mañá e da tarde.

OS RÍOS DE DEUS VAN CHEOS DE AUGAS,
OS RÍOS DE DEUS VAN CHEOS DE FARTURA

Ti coidas e regas a terra,
enriquécela de mil maneiras:
os ríos de Deus van cheos de auga.
Para dar o trigo preparas a terra:
regas os sucos, achanzas os terróns,
fala amolecer coas chuvias
e bendís as súas sementes.

Ti coroas a anada cos teus bens,
das túas pisadas zumega abundancia.
Destilan os pastos do deserto
e cínguense de alborozo os outeiros.
Cóbrense de rabaños os campíos,
e vístense de espigas os vales,
cheos de alegría e de cantos.

OS RÍOS DE DEUS VAN CHEOS DE AUGAS,
OS RÍOS DE DEUS VAN CHEOS DE FARTURA


3.- Empezamos un novo camiño
  • Na escola.
  • No obradoiro da tarde.
  • Nas nosas tarefas.

Cinco minutos de silencio, no oculto, para ofrecerllo ao noso Deus.


4.- Un camiño que facemos coa xente débil
Lembramos ante Deus esas debilidades.

5.- Oración do Noso Pai. E palabras de alento:
Ánimo, Deus conta contigo, e acompáñate.Eu conto contigo, e acompáñote tamén.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.