19 decembro, 2017

2º Encontro curso 2017/2018



Oración de moita palabra, oración de silencio.

Signo: a luz, coa sala medio a escuras.

Cantiga:

QUE A TÚA LUZ NOS FAGA VER A LUZ,
QUE A TÚA LUZ NOS FAGA SER NÓS LUZ,
QUE A TÚA LUZ NOS FAGA VER,
QUE A TÚA LUZ NOS FAGA SER,
QUE A TÚA LUZ NOS FAGA DAR NÓS LUZ.


1.- Facémonos conscientes de estarmos na presenza de Deus neste mesmo momento. De estarmos en Deus. El está simbolizado nesta luz que aquí temos: luz, iluminación, clarificación, inocencia suma, verdade, fermosura, vida. Durante uns minutos estamos ante el en silencio ou dicindo algunha palabra de amor, de loanza, de agradecemento.

2.- Acendemos unhas luces pequenas que rodean a luz grande. Represéntannos a todas e todos nós. Volvemos cantar a cantiga. Facémonos conscientes de nós mesm@s, do noso corpo, da nosa mente, dos nosos sentimentos, do noso asentamento profundo en Deus. E durante uns minutos simplemente estamos pestanexando como a veliña, co noso alento, co latexar do noso corazón. Sen pensar nada, sen dicir nada. Estando. En silencio, en pobreza, en dispoñibilidade.

3.- Volvemos repetir a cantiga. Agora é o momento de facernos conscientes daquelas persoas ou situacións para as que nós podemos e debemos ser luz. Podemos nomealas en voz alta, para contaxiarnos tamén este espírito de solidariedade, de servizo, para adquirir un compromiso diante de Deus e diante desta comunidade. Ao final repetimos a cantiga.

4.- Rematamos rezando o NOSO PAI/NAI…

E logo dámonos bicos e apertas dicindo: GRAZAS POLA LUZ QUE HAI EN TI, POLA LUZ QUE ME DÁS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.