Lecturas:
Texto base:
Repensar la Cristología. Andrés Torres Queiruga. Ed. Verbo Divino 1995
Textos complementarios:
Síntese do anterior, preparado para a Escola de Espiritualidade por María del Carmen Leirós de la Peña (Mencha).
1º encontro: 10 de novembro do 2018
Cap.7 A Cristoloxía despois do Vaticano II (páx. 215-257)
2º encontro: 15 de decembro do 2018
Cap.6 Xesús, home verdadeiro (páx. 179-213)
Cuestións para axudar a centrarse no máis importante do texto e ver de comprendelo:
- Como poderías explicar a diferenza entre unha cristoloxía desde arriba e desde fóra, e unha cristoloxía desde abaixo e desde dentro?
- Que implicou para Xesús ser un home “coma un home normal” (Flp 2,7)? Sinala algúns aspectos desta realidade.
- As persoas que acompañaban a Xesús de cerca vírono como un home normal e na profundidade da súa humanidade descubriron algo que os desbordaba, ata chegar a recoñecelo como fillo de Deus. Entendemos isto? Podemos explicalo coas nosas palabras?
- Fíxate nas ideas do apartado “Algunas líneas comunes”. (páx. 243-249).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.