01 xullo, 2019

Encontro en Sobrado dos Monxes:




Sobrado 8 de xuño de 2019


Símbolo: Imaxe de Cristo crucificado  / Imaxe-cartel dunha persoa empobrecida.

“Cinguidos, pois, os nosos lombos coa fe e a observancia das boas obras, sigamos os seus camiños, tomando por guía o Evanxeo, para que merezamos contemplar no seu reino a Aquel que nos chamou”(Pról. 21).
“Non antepoñer nada ao amor de Cristo” (R.B. 4,21)
“Reciban coma ao mesmo Cristo a todos os hóspedes que chegan ao mosteiro, pois el mesmo dirá:”fun peregrino e acolléstesme”(Mt 25-35). “Sexan acollidas con particular coidado e solicitude as persoas pobres e peregrinas, pois nelas recíbese a Cristo máis particularmente; porque á xente rica o mesmo temor que inspiran move a honrala.”  (R.B. 53, 1.15)

1.- Momento de silencio e integración en Deus fogar común.

CANTO:
DÉIXATE QUERER, DÉIXATE QUERER,
DÉIXATE QUERER POR DEUS(2)

Non poñas trabas ao teu Amigo, non teñas medo a compartir
a marabilla dunha amizade, que te sosteña no teu vivir. (bis).

 2.- Momento de vinculación agradecida con Xesús de Nazaré, o Cristo

CANTO:
NON VOU SÓ, TEÑO UN AMIGO AO MEU LADO,
NON VOU SÓ, EU SEI QUE DEUS ESTÁ COMIGO.

Unha certeza nos guía ao longo do camiñar,
por iso vimos a ti, alegremente a cantar (bis)

Brilla no ceo unha estrela, para alumar o camiño,
para que vexa o Señor no rostro do meu veciño. (bis)

Lectura de Xn 15, 12-17


Non me queres como escrava, Xesús,
quéresme como amiga.
Grazas.
Viviches a túa vida envolto en servizo
pensando en todos,
pensando en min.
Grazas.
Trátasme como a persoa amiga,
como a persoa escollida,
compartes comigo as túas ansias e praceres.
Grazas.
Quéresme viva e exuberante,
cargada de amores e solidariedades.  
Grazas.
¿Saberei estar no meu sitio,
corresponder con amor a tanto amor,
con solicitude polos demais
a tanta solicitude como ti tes por min?

Canto tempo levo estando contigo, Xesús!
Podo dicir que desde o comezo da miña vida!
Pouquiño a pouco,
moi pouquiño a pouco,
a túa memoria foise facendo carne da miña carne,
sangue do meu sangue,
alento do meu alento.
Algo polo menos.

Pero ¿que testemuño dou de ti?
¿Que hai en min que lle permita á xente
ver debuxados no meu rostro
algúns trazos polo menos do teu aire fiel, liberador?
Que o teu Espírito,
o Espírito da verdade e non da simulación,
poida testemuñar en min con verdade
que ti es para nós inocencia, gozo e liberdade!

3.- Momento de solidariedade: o rostro de Cristo que eu coido ou quero coidar

4.- Acto de adoración a Cristo e a alguén quen mellor o representa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.