tag:blogger.com,1999:blog-7626879660012706177.post395072467547585196..comments2022-09-27T19:33:22.925+02:00Comments on Escola Galega de Espiritualidade: 1 de xuño: Solemnidade da Ascensión do SeñorEscola Galega de Espiritualidadehttp://www.blogger.com/profile/14579797136186505029noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-7626879660012706177.post-26218746879050798572014-05-30T13:16:24.880+02:002014-05-30T13:16:24.880+02:00Ola, amigo, gustaríame poder falar con calma das c...Ola, amigo, gustaríame poder falar con calma das cuestións que ti propós. Brevemente che transmito algunhas claves que a min me están valendo.
A linguaxe na que nos foron transmitidas as cousas máis importantes da nosa fe cristiá é unha linguaxe mítica, simbólica, non falsa, pero que ten o seu propio código de comunicación, no que hai que entrar. Para a linguaxe da creación (totalmente mítica), grazas aos coñecementos científicos, na Igrexa caemos na conta desa linguaxe mítica, e a día de hoxe sabemos distinguir claramente esa linguaxe das conviccións crentes que nos queren transmitir. Pois algo semellante pasa tamén, coidamos moitos, coa linguaxe dos "misterios" da resurrección, ascensión ao ceo, vida do Espírito Santo, que escoitamos estes domingos. Son relatos en clave mítico-simbólica, elaborados para transmitirnos certas experiencias de fe que os homes e mulleres que as viviron foron tendo, empuxados polo alento mesmo de Deus, que así foi como a revelación de Deus foi dando os seus pasos na historia humana.
Que quere isto dicir? Que aqueles homes e mulleres viviron que Xesús estaba vivo no medio deles e delas, que impulsaba as súas vidas cada día, que os relanzaba ao mesmo estilo de vida que viviran con Xesús, que substituía a súa ausencia cunha presenza espiritual, no Espírito, para eles e elas totalmente evidente. E iso os evanxelistas fóronnolo achegando a nós, e iso é o importante. Transmítennos a súa fe, sustentada en experiencias persoais e grupais que o Espírito suscitaba neles. Andou Xesús en carne e oso, comendo con eles? Eu diría que posiblemente non, e que iso en todo caso non é o importante dos relatos? Subíu ao ceo coma un paxaro ou coma un avión? Pois non, pero iso tampouco é o importante dos relatos. O Espírito déuselle aos seguidores e seguidoras de Xesús aos 50 días, en forma de laparadas de lume que baixaban do ceo e se pousaban sobre deles e delas? Pois non, pero si que se sentiron vigorizados por unha forza nova que entre todos se foron suscitando empuxados polo Espírito de Deus, desde os primeiros días posteriores á morte de Xesús.
Respecto a "iso da hostia e do viño que se converten no corpo e sangue de Xesús" , só quero compartir contigo o que a min, que tamén en tempos andei con esas historias na cabeza, me valeu. Foi pensar no que pasaba cando ía á casa dun veciño e me ofrecían un café. Entendín que aquel café era máis ca un café, transmitíame a amizade daquelas persoas; algo daquelas persoas, e do máis fermoso delas, entraba no meu corpo bebendo o seu café. Se o café se ofrece sen aprecio, por simulación, o café é só café; se o café se ofrece con amor, leva consigo tanto da persoa que mo dá como amor foi capaz de poñer nel. Xesús era puro amor, pura entrega, amou ata o extremo, e por iso aquel pouco pan e pouco viño que pasaba a quen con el estaba ían cargados do seu amor total, de si mesmo a tope, sen reservas nin recortes; aquel pan e aquel viño eran, son, máis que simple pan e simple viño, representan, simbolizan, o seu corpo e o seu sangue, é dicir, a súa vida toda, o seu amor total, a súa entrega total. Isto é o que queremos dicir cando dicimos que son o "sacramento" (é dicir, o sígno, o símbolo que nolo transmite) do corpo e do sangue de Cristo. É unha linguaxe simbólica, sacramental, de signo, que hai que ler e entender como tal, e non dunha interpretación material.
Asegúroche que hai formas de vivir e de explicar as cousas da fe, que responden ás nosas inquedanzas. Na Escola de Espiritualidade poderías atopar un ambiente que che axudase.
Aínda que anónimo, síntote coma irmán ou irmá na fe. Saúdos. manolohttps://www.blogger.com/profile/11401021154642237140noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7626879660012706177.post-33657060074982588132014-05-29T21:04:53.398+02:002014-05-29T21:04:53.398+02:00Eu son crente e penso que a miña vida está en cons...Eu son crente e penso que a miña vida está en consonancia coa miña fe, pero cando oio no meu entorno comentarios como: qué iso da hostia e do viño que se converten no corpo e sangue de Xesús. Qué Xesús resucitou. Qué Xesús ascendeu ao ceo... Véxome impotente para darlle unha explicación a toda a súa incredulidade. Qué me podes comentar acerca disto?
GraciasAnonymousnoreply@blogger.com