Quen somos?

Mosteiro de Sobrado dos Monxes

Nacida en 1994, en Sobrado dos Monxes, a Escola de Espiritualide pretende dende o seu comezo contribuír á encarnación da experiencia evanxélica na vida real.  Non busca ser un grupo ou movemento aparte, senón axudar á promoción dunha fe que alimente a propia vida e fomente o compromiso.

BUSCAMOS:
Comprender, celebrar e vivir a fe dun xeito renovador.
Sermos un espazo de celebración, oración, busca, encontro e comunicación de experiencias.
Reforzar o compromiso e a participación nas parroquias, comunidades, asociacións...

OFRECEMOS:
Unha formación permanente en ciclos de catro anos:
  1. Deus crea por amor
  2. A revelación divina na realización humana
  3. Xesús, o rostro humano de Deus
  4. A Igrexa, sacramento de salvación
PARTICIPAMOS:
Todas as persoas preocupadas por unha fe actualizada e adulta, sen distinción de xénero, idade, estado ou ocupación.

DINÁMICA:

Pola maná:
  • Oración comunitaria.
  • Exposición teolóxica e diálogo do curso que corresponda.
Pola tarde:

          Obradoiros  ou Sesións Temáticas

         Celebración da Eucaristía


EQUIPO COORDINADOR:
Andrés Torres Queiruga
Pilar Wirtz Molezún
Mª Carmen Turnes Negreira
Mencha Leirós de la Peña
Soedade López Campo
María Cancelo Baquero
Manolo Regal Ledo
Xabier Blanco Vilar
José María F. Vázquez (Blog)