tag:blogger.com,1999:blog-7626879660012706177.post7928264485069867151..comments2022-09-27T19:33:22.925+02:00Comments on Escola Galega de Espiritualidade: Fratelli tutti: pregaria 1Escola Galega de Espiritualidadehttp://www.blogger.com/profile/14579797136186505029noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-7626879660012706177.post-61501377837471916032020-12-16T13:12:22.782+01:002020-12-16T13:12:22.782+01:00Bo día, quería compartir algo sobre o prólolo de F...Bo día, quería compartir algo sobre o prólolo de Fratelli tutti.<br />Gustoume o que di no n. 2 de que dedica esta carta á fraternidade e á amizade social. Paréceme importante xuntar as dúas cousas: fraternidade con amizade social, para non idealizar o amor, cousa á que tendemos moito na Igrexa; e amizade social con fraternidade para non espir a acción social de afectos e sentimentos, que son tan importantes sempre.<br />Tamén me gustou no n. 3 que se recorde o xesto de Francisco de Asis, tan significativo naqueles tempos de tanta agresividade, cando a cristiandade non pensaba máis ca en matar sarracenos, Francisco totalmente contra corrente, vai e fala, seguindo aquela idea súa de "non promover disputas nin controversias". Ai, canto falla nos fai isto no campo eclesial e xa non digamos no civil, político.<br />Gústame tamén moito iso de abrir o amor fraterno a todo o mundo (n. 6), porque hai máis mundo ca Galicia, España, ca o próspero occidente, aínda que hoxe esteamos como estamos polo Covid-19. E tamén me encanta iso de "soñar xuntos" do n. 8. manolohttps://www.blogger.com/profile/11401021154642237140noreply@blogger.com