luns, 23 de xaneiro de 2012

29 de xaneiro: Domingo IV do Tempo Ordinario (B)

 

Evanxeo: Mc 1, 21-28

Comentario:

  • O Evanxeo que hoxe lemos narra o comezo dunha xornada de traballo de Xesús dentro desa súa tarefa de anunciar o Reino e loitar pola dignificación da vida dos seus concidadáns. Resulta ben interesante seguirlle os pasos a Xesús, pero non como observador desde fóra, senón como admirador e acompañante desde dentro. A isto estamos invitados todos, todas.

luns, 16 de xaneiro de 2012

22 de xaneiro: Domingo III do Tempo Ordinario (B)

 Evanxeo: Mc 1, 14-20


                                                                         Comentario                                                                 

  • O prendemento de Xoán Bautista, con quen Xesús mantiña unha sólida relación de afecto e de misión, marca o momento, ao que parece, da posta en marcha do proxecto de Xesús. Volve a Galilea, a súa terra, e volve convencido dalgunhas cousas básicas que quere compartir cos seus veciños e veciñas.

xoves, 12 de xaneiro de 2012

15 de xaneiro: Domingo II do Tempo Ordinario (B)



FOLLA SEMANAL

Por Manolo Regal Ledo



O EVANXEO DE CADA DOMINGO

Evanxeo: Xn 1, 35-42

                                                                         Comentario                                                                  

  • O relato, ao contar os primeiros momentos da tarefa liberadora de Xesús, preséntao coma Año de Deus, Mestre, Mesías, títulos de verdadeiro calado humano e espiritual, aos que probablemente chegaron os primeiros grupos de cristiáns e cristiás despois de tempo de convivencia con Xesús, de experimentar ao seu carón o vigor da súa existencia totalmente aberta a Deus e totalmente entregado polo ben da xente, especialmente da xente máis deixada ao lado no seu tempo. Invítasenos, loxicamente, a facer un recorrido persoal e comunitario ao seu lado, que nos leve cordialmente, vitalmente, ás mesmas ou semellantes conclusións.

martes, 3 de xaneiro de 2012

8 de xaneiro: Domingo do Bautismo do Señor


FOLLA SEMANAL

Por Manolo Regal Ledo



O EVANXEO DE CADA DOMINGO


Evanxeo: Mc 1, 7-11


                                                                         Comentario                                                                       

  • De golpe, en cousa de moi poucos días, a liturxia pasa de nos ofrecer o nacemento de Xesús para a celebración, a presentarnos xa un Xesús adulto, desvinculado da súa familia de sangue, encarándose aos retos da vida, asentándose na súa vinculación fundamental de ser humano que descubre e experimenta gozosamente a súa condición de fillo de Deus. É esta a celebración do Bautismo do Señor, que nos di moito de Xesús, da súa identidade, da súa tarefa, e que nos di tamén moito de nós mesmos, que no misterio de Xesús atopamos a explicación do noso propio misterio.