Evanxeo: Lc 12, 13-21
Unha vez díxolle
a Xesús un que estaba entre a xente:
—Mestre, dille a
meu irmán que reparta a herdanza comigo.
El contestoulle:
—Home, ¿quen me
nomeou xuíz ou testamenteiro entre vós?
E logo díxolle á
xente:
—Atención,
gardádevos da cobiza, que, por moito que un teña, non por iso a súa vida
depende dos seus bens.
E propúxolles
unha parábola:
—As terras de
certo home rico déranlle moito froito. Púxose entón a cavilar: “¿Cómo vou facer,
que non teño onde meter o froito?” E dixo: “Xa o sei; vou desfacer os meus
celeiros e constrúo outros máis grandes e alí meto o trigo todo e todos os meus
bens. Logo direime a min mesmo: Amigo, xa tes aí reservas para moitos anos;
descansa, come, bebe e a vivir!” Pero Deus díxolle: “Insensato, esta mesma
noite váiseche reclamar a túa vida,
¿para quen será todo o que xuntaches?”
Así é quen
atesoura riquezas para si mesmo, pero non é rico para Deus.