28 de abril: Domingo 2º de
Pascua
Evanxeo:
Xn 20,19-31
Pola tardiña daquel día, o
primeiro da semana, estaban os discípulos nunha casa coas portas pechadas por
medo aos xudeus; chegou Xesús, púxose no medio e díxolles:
—Paz
convosco.
Dito
isto, mostroulles as mans e máis o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o
Señor. El díxolles outra vez:
—Paz
convosco; como o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E,
dito isto, alentou sobre eles e díxolles:
—Recibide
o Espírito Santo; a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a
quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Pero
Tomé, un dos doce, o chamado Xémeo, non estaba con eles cando chegou Xesús.
Dicíanlle entón os outros discípulos:
—Vimos
o Señor.
Pero
el contestoulles:
—Como
non vexa nas súas mans os buracos dos cravos e non meta nelas o meu dedo; como
non meta a miña man no seu costado, non crerei.
Oito
días despois estaban outra vez dentro os discípulos e Tomé con eles. Chegou
Xesús, estando pechadas as portas, e, poñéndose no medio, dixo:
—Paz
convosco
Despois
díxolle a Tomé:
—Trae
aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado.
Non sexas incrédulo, senón home de fe.
Tomé
respondeulle:
—Meu
Señor e meu Deus!
Xesús
díxolle:
—Tes
fe porque me viches? Benia as persoas que creron sen me veren!