Evanxeo: Mc 1, 21-28
Comentario:
- O Evanxeo que hoxe lemos narra o comezo dunha xornada de traballo de Xesús dentro desa súa tarefa de anunciar o Reino e loitar pola dignificación da vida dos seus concidadáns. Resulta ben interesante seguirlle os pasos a Xesús, pero non como observador desde fóra, senón como admirador e acompañante desde dentro. A isto estamos invitados todos, todas.