4 de outubro: domingo 27 do Tempo Ordinario
Evanxeo: Mt 21, 33-43
Nunha ocasión díxolles Xesús aos
sumos sacerdotes e aos anciáns do pobo:
—Escoitade
esta parábola:
Había
unha vez un propietario que plantou unha viña, rodeouna dunha sebe, cavou nela
un lagar e construíu un caseto para o garda. Logo arrendóullela a uns
viñateiros e marchou para lonxe. Cando chegou o tempo da vendima, mandou os
seus criados onda os viñateiros para cobrar as rendas. Pero os viñateiros agardáronos
e a un zorregáronlle, a outro matárono e a outro apedrárono. De novo mandou
outros criados máis numerosos, pero tratáronos do mesmo xeito. Por último
mandou o seu propio fillo, dicindo para si: “Ao meu fillo hano respectar”. Pero
os viñateiros, ao veren o fillo, comentaron: “Este é o herdeiro; veña, matémolo
e a herdanza será nosa”. E agarrárono, botárono fóra da viña e matárono.
Ben,
e cando veña o señor da viña, ¿Qué fará cos viñateiros aqueles?
Respondéronlle:
—A
eses malvados faraos morrer de mala morte e arrendará a viña a outros
viñateiros, que lle paguen as rendas no seu tempo.
Díxolles
entón Xesús:
—¿Seica
non lestes nunca na Escritura: “A pedra que desbotaron os canteiros é agora o
esquinal; esa pedra colocouna o Señor, ¡que regalía para nós!?
Por iso dígovos: quitaranvos o reino de Deus e darase a un pobo que produza bos froitos.