Eucaristía do 28 de xaneiro
1.- Símbolo: O pan e o viño que se empregaron na oración da mañá como símbolo están de novo como símbolo nunha mesa no medio do lugar da oración. Explicar o uso que imos facer de ese símbolo. Coma as primeiras comunidades cristiás, dobre comida na celebración, que se complementan e unifican.
2. Cantiga
CAMIÑANDO POLA VIDA, CO FRESCOR DUNHA CANTIGA,
CAMIÑANDO ENCONTRAREMOS O AMOR.
CAMIÑANDO TODOS XUNTOS NAS LEDICIAS E NAS DORES
CAMIÑANDO ENCONTRAREMOS O SEÑOR.
3.- Celebración do perdón
Coa man sobre a man dun compañeiro: a quen danei, a quen non atendín, a quen con acompañei, con quen non compartín, a quen non perdoei...
Logo todas xuntas/os dicimos:
SOMOS PECADORES/AS / PRECISADOS/AS DE PERDÓN
SOMOS PECADORAS/ES / QUE NOS CURE O TEU AMOR.
QUE NOS FAGA XENTE NOVA / XENTE LIMPA, XENTE EN FLOR,
QUE NOS FAGA MÁIS DOÍDOS / MÁIS IRMÁNS O TEU AMOR.
4.- LECTURA DO TEXTO DE MIGUEL
Comuñón coa súa vida, coa súa morte, comendo do pan e do viño que o representan.
Cantiga:
NESTA NOITE ESCURA E BRETEMOSA /
NA QUE VAI CAMIÑANDO O NOSO ESPÍRITO
VESE UN RAIO DE SOL, VESE UNHA ROSA,
QUE ABRIRÁ NO MENCER NOVOS CAMIÑOS.
5.- Evanxeo: Mc 1,21-28
6.- Preces en ofrecementos
7.- Pregaria Eucarística.
8.- Cantiga de comuñón
ACHARTE PRESENTE NA VIDA / FIARME DE TI SEN TE VER
LEVAR UNHA LUZ ACENDIDA / QUERER E DEIXARSE QUERER.
Gustoume a celebración: os símbolos, o expresado, as cantigas, as oracións e o ambiente alí creado. Sentíase a presenza de Deus, de Xesús, de Miguel de forma moi real.
ResponderEliminarCelebración compartida, no sentido máis pleno das palabras.
Grazas.