13 marzo, 2012

Traballo entre sesións: 10 de marzo - 28 de abril de 2012


Lecturas:

Ø  TORRES QUEIRUGA, A.,  A Eucaristía, encontro vivo co Señor. Caderno Escola de Espiritualidade, último artigo.

 
Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
-        En que medida a Eucaristía é un sacramento e tamén o sacramento dos sacramentos?
-        Que se quere dicir con “presenza real” na Eucaristía? Elimina iso outras presenzas, ou estas non son reais?
-        Relación entre presenza e encontro, entre o don permanente de Deus, de Xesús, e a nosa capacidade limitada de percibila e gozala nos encontros concretos.
-        Que relación se establece entre Eucaristía e Comunidade?
-        En relación coa Eucaristía, coa súa realización diaria no medio das nosas comunidades cristiás, que che suxire a lectura deste artigo?
-        Con que problemas te encontras na túa vivencia persoal e comunitaria da Eucaristía, que non viches recollidos no artigo presente?
-        Cres que na Igrexa se está tendo un bo coidado da celebración eucarística? Ao teu ver, que lle sobra? Que che falta?
Tamén podes ler:
SACROSANCTUM CONCILIUM, Constitución do Concilio Vaticano II sobre a Sagrada Liturxia, cap. 2º, nn. 47-58, que leva por título “O sacrosanto misterio da Eucaristía”; recolle breves orientacións básicas para a mellora da celebración da Eucaristía nun momento en que se rompía con formas de celebrala que duraran séculos e que chegaran a unha grande pobreza de forma e de sentido.
BENEDICTO XVI, Sacramentum caritatis (O sacramento do amor),  Exhortación apostólica do Papa sobre a Eucaristía, fonte e cume da vida e da misión da Igrexa. Ed. San Pablo, Madrid, 2007. Unha relectura espiritual do sacramento da Eucaristía, que, sen embargo, mantén visións sacrificiais da Eucaristía, que hoxe están sendo moi discutidas.

Pasaxes bíblicas:
            Os respectivos relatos da última cea nos evanxeos sinópticos: Mt 26,17-35; Mc 14, 12-31; Lc 22,1-38.
            O capítulo 6 de Xoán, dedicado todo el ao Pan de vida.
            1Cor 11,17-34, onde Paulo afronta certas dificultades que aparecían na comunidade de Corinto ao hora de celebrar a Cea do Señor.

 
SOBRE A “LECTIO DIVINA” (lectura divina)
         “Nos documentos que prepararon e acompañaron o Sínodo, falouse de moitos métodos para achegarse ás Sagradas Escrituras con froito e na fe. Sen embargo, prestóuselle unha atención maior á lectio divina, que é verdadeiramente “capaz de lle abrir ás persoas crentes non só o tesouro da Palabra de Deus, senón tamén de crear o encontro con Cristo, Palabra vivina e vivinte”. Quixera lembrar aquí brevemente cales son os pasos fundamentais (da lectio divina): empézase coa lectura (lectio) do  texto, que suscita a cuestión sobre o coñecemento do seu contido auténtico: Que di o texto bíblico en si mesmo? Sen este momento córrese o risco de que o texto se converta só nun pretexto para non saír nunca dos nosos pensamentos.
         Segue despois a meditación (meditatio) na que a cuestión é: Que nos di a nós o texto bíblico?Aquí cada un persoalmente, pero tamén comunitariamente , debe deixarse interpelar e examinar, pois non se trata xa de considerar palabras pronunciadas no pasado, senón no presente. Chégase sucesivamente ao momento da oración (oratio), que supón a pregunta: Que lle dicimos nós ao Señor como resposta á súa Palabra? A oración como petición, intercesión, agradecemento e loanza, é o primeiro modo co que a Palabra nos cambia. Por último, a lectio divina conclúe coa contemplación (contemplatio), durante a cal aceptamos como don de Deus a súa propia ollada ao xulgar a realidade, e preguntámonos: Que conversión da mente, do corazón e da vida nos pide o Señor? San Paulo, na Carta aos Romanos, di: “Non vos axustedes a este mundo, senón transformádevos pola renovación da mente, para que saibades discernir o que é a vontade de Deus, o bo, o que lle agrada, o perfecto” (12,2). En efecto, a contemplación tende a crear en nós unha visión sapiencial, segundo Deus, da realidade e a formar en nós “a mente de Cristo” (1Cor 2,16). A Palabra de Deus preséntase aquí coma criterio de discernimento, “é viva e dinámica, máis cortante do que unha espada de dobre fío e que penetra mesmo alí onde se diferencian alma e espírito, as xuntas e a medula. Ela xulga os proxectos e os pensamentos” (Heb 4,12).
         Cómpre lembrar, ademais, que a lectio divina non termina o seu proceso ata que non se chega á acción (actio), que move a vida da persoa crente a se converter en don para a demais xente pola caridade.”

Benedicto XVI, Exhortación Apostólica “Verbum Domini”, n.87.

2 comentarios:

  1. Loreto13:31

    Entre sesiones llegan las noticias del "levantamiento de dedo" de la Conferencia Episcopal a Andrés. Resulta díficil entrar en oración y reflexión sobre el trabajo del mes sin tener todo eso muy presente. No sé si distrae o hace estar más concentrada en aspectos también importantes. Siento mucho todo esto. Me parece lamentable, no sólo por la afrenta a Andrés, sino por el desconcierto que puede causar en personas que buscan una fe razonable y comprensible, y por la imagen de "anclada en el pasado" que da nuestra Iglesia.
    Como estamos trabajando los sacramentos, recojo aquí unas palabras que envíé en enero a parte del grupo de La Coruña (de "Los sacramentos de la vida"):"Contemplando una cosa desde dentro, no me concentro en ella, sino en el valor y en el sentido que ella asume para mí. Deja de ser cosa para transformarse en un símbolo, en una señal que me e-voca, me pro-voca y con-voca...". "Sacramento significa esa realidad que, sin dejar el mundo, habla de otro mundo". De ahí el sacramento de la vela de Navidad (el abrazo extendido al que está solo), el sacramento del maestro de primaria (salvador de un sinfín de personas),el sacramento de las casa (congrega, acoge, reune), el sacramento del vaso (la frescura, la dulzura, la familiaridad)... De ahí, añado, el sacramento de a nosa Escola. Escola que es luz, guía, donación, conocimiento, relación, comunidad, camino al encuentro con Dios. Escola que es diálogo.
    A Escola es sagrada para mí y hoy, más que nunca llamo a Andrés como suelo hacerlo en privado: "maestro" y doy las gracias a él y a todo el equipo.
    Y para vosotros: ¿qué es sagrado?
    Re-pensemos si es beneficiosa o no algún tipo de manifestación. Por descontado, contáis conmigo: Loreto

    ResponderEliminar
  2. Transcríbese a seguinte resposta de Andrés recibida no correo electrónico deste blogue:
    "Querida Loreto e amigos que leades isto, graciñas. Esa é a verdadeira teoloxía, que nos une e anima a todos. O voso cariño e apoio veñen moi ben, sobre todo polo que supoñen de unión e esperanza. Eu estou tranquilo, en paz e esperanza, co ánimo de seguirmos adiante. Deus e o seu evanxeo son máis grandes ca estes pequenos incidentes.
    Un gran abrazo, Andrés"

    ResponderEliminar

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.