Crónica do encontro en Sobrado.
Manolo Regal

Este ano a afluencia foi considerable; entre 60-70 persoas gozamos coas horas, cos lugares, coas persoas, con Deus que de todo terma e en todo se nos amosa próximo e interesado, íntimo. Con este encontro pretendiamos desenvolver a nosa capacidade de escoitar a presenza sacramental de Deus a través das pequenas e variadas realidades de cada día, e escoitalo tamén demandándonos escoita e resposta a partir da situación crítica que estamos vivindo, a nivel económico e a nivel máis fondo, existencial. A todo iso nos fomos dedicando durante as tres xornadas do encontro. E así foi.
Venres, 8
Chegamos ilusionados/as entre as 6 e as 7 da tarde; sempre dá gusto novo contemplar os claustros, bater cos monxes, e empezar a uliscar o paso miúdo de Deus por entre pedras e faldróns. Saudámonos con afecto, collemos a habitación, e deseguida acompañamos os monxes na oración de Vésperas. O reto de sentir, escoitar, seguir a Deus, a Xesús, quedaba aberto.
Chegamos ilusionados/as entre as 6 e as 7 da tarde; sempre dá gusto novo contemplar os claustros, bater cos monxes, e empezar a uliscar o paso miúdo de Deus por entre pedras e faldróns. Saudámonos con afecto, collemos a habitación, e deseguida acompañamos os monxes na oración de Vésperas. O reto de sentir, escoitar, seguir a Deus, a Xesús, quedaba aberto.

Así rematamos o primeiro día.
Sábado, 9
Unha pequena práctica de Tai Chi, animada coma sempre por Elvira, un paseo matinal, a oración de Laudes e Eucaristía cos monxes, ou simplemente unha maior dose de cama, abriu a xornada chuviosa, que poñía a proba a nosa vontade de contactar coa natureza no espazo privilexiado de Sobrado. Gañamos a aposta. Co almorzo collemos forzas para a xornada, que se presentaba repleta de ofrecementos.

E xa lle demos a palabra a Xabier Blanco, que nos acompañou durante toda a mañá, primeiro proxectándonos unha preciosa montaxe de imaxes da natureza coa que nos quixo aproximar ao don e á fermosura de Deus, e despois falándonos con moita paixón e poñéndonos en camiño para unha oración contemplativa sosegada. Non é doado reproducir a vivacidade da súa palabra. Veunos a dicir, en resume, que somos xente “Feita”, pero que tamén somos xente “en contrución”; que a experiencia relixiosa de calidade en principio ten como obxectivo humanizarnos, pero, se nos despistamos con ela por diferentes razóns, tamén pode deshumanizarnos. E ben, para que a experiencia relixiosa poida humanizarnos, sinalou tres camiños ou condicións: a) que nos leve a contemplar o Deus de Xesús, b) a que nos leve a compadecernos dos que van quedando polas cunetas da vida, e c) a que nos faga persoas de sólida comuñón, no humano e no eclesial.

A palabra “contemplacción”, resumía o estilo de cristián deste bispo e esa mesma palabra ofrecíanola Xabier como ideario de vida cristiá para os tempos de hoxe.
Despois rezamos con calma, canto puidemos, canto o Espírito quixo.


Ceamos e despois fixemos o intento de ver a película “El gran Torino”, pero carencias técnicas impedíronnos facelo. Agradecéunolo o corpo que puido gustar antes o pracer da cama.
Domingo, 10

Despois da celebración da Eucaristía xa os aires eran de despedida. Aínda tivemos unha reunión para que cada quen puidese expresar como se sentira durante o Encontro, a que se sentira chamado/a, que levaba máis na memoria e no corazón. Foi un momento precioso, no que, no fondo das nosas palabras máis ou menos fráxiles, decididas ou temerosas, teimaba por asomar o Deus bo, solidario, pacificador, alentador, tras do cal viñeramos camiñando. E uns/unhas para outros e outras fómonos convertendo en pequeno sacramento dun acompañamento fiel ao que Deus diariamente se compromete connosco.
Grazas Manolo pola crónica, é como revivir a experiencia e estame servindo para sacar maior proveito. Grazas tamén ao noso "reporteiro" Nacho pola iniciativa de recoller imaxes de algúns momentos e compartilas con todos. Grazas José María por manter vivo este blog. Para mín foi unha experiencia moi rica e motivadora para procurar vivir sacramentalmente a vida ordinaria. Bo verán para todos/as.
ResponderEliminar