Acolle nas túas mans, Señor da Vida,
a vida deste irmán que foi tan noso.
Distinta, irrepetible, cada vida
faise eterna no misterioso fondo
do teu amor que garda os nosos días
mentres dorme na terra o noso corpo.
Aínda sen saber cando nin como,
temos certo que ha vir a primavera
coa forza luminosa dun sol novo
que fará reverdecer a terra,
e aqueles que o amor ten no recordo
terán na túa paz ledicia eterna.
Amén
(Texto de Bernaldo García Cendán)
Grazas. Fermosísimo texto. Coa certeza desa primavera coa forza dun sol novo, Bo Nadal (todo o ano) a todos e todas.
ResponderEliminarFermoso texto e fermosísima imaxen dun servidor de Deus.Bo Nadal e mellor 2013.
ResponderEliminar