Evanxeo: Mt 2,1-12
Comentario
O relato da visita e adoración dos Magos é exclusivo do evanxelista Mateu. Coma outros relatos dos evanxeos da infancia en Mateu e Lucas, non debe ser lido cunha mentalidade historicista, senón teolóxica e espiritual.

Fronte aos Magos, a actitude nada buscadora, ao revés soberbia, dominadora do rei Herodes, que nin busca a verdade, aínda que dela recibe referencias importantes, nin gusta de que outros a busquen, a atopen, a gocen. El, co seu poder, era a verdade suficiente para el e para o pobo. O rei Herodes poderíase chamar hoxe o rei Mercado, o rei Finanzas, o rei Política submisa; pero, ollo!, tamén podería levar o nome de cada un de nós e das nosas comunidades, temerosos todos da pequena presenza da sabedoría da dignidade.
Fronte aos Magos, os eruditos xudeus que saben, pero non van, non se moven. A súa ciencia non lles conmove os corazóns, non lles mobiliza os pés. Canto podemos ter da actitude pecha, belixerante de Herodes e da actitude fría dos teólogos oficiais, en cada un dos nosos corazóns, dentro das nosas comunidades cristiás. Podemos ser persoas que saibamos ou creamos saber de todo, do divino e do humano, pero cunha ciencia paralizada, paralizante. O relato invítanos a revisar e corrixir posturas, que non levarán a nada, máis que a perder a oportunidade de atoparnos cara a cara, corazón a corazón, vida a vida, con Xesús, con Deus, e coas súas oportunidades de potenciación para as nosas vidas.

E, como remate da súa peregrinación espiritual, vital, os Magos volven tomando distancias máis sólidas coa persoa e co talante de quen desde o poder pretende ensinar a ler e a construír a vida. A alegría cerra e enche esa experiencia vital. O neno débil, servidor, é o tesouro agachado que atoparon en Belén, e que encheu as súas vidas de alegría, de entusiasmo. E todo isto ofrécesenos para ser vivido e experimentado por nós non nos soliloquios do noso corazón, que tamén, senón fundamentalmente na crúa realidade da vida, da nosa e da dos concidadáns/ás que nos rodean, porque crúa era tamén a experiencia daquel neno e daquela familia desafiuzada, rexeitada polos servizos sociais do seu tempo, que non había, e que ollaba para o futuro coas inseguridades todas pousadas nas mans do Deus que todo os sostén.
Preces
OFRECÉMOSCHE, NENO, OS NOSOS REGALOS
- Ofrecémosche o esforzo de buscarte son sinceridade, para bater contigo, para chegar a ter trato de amizade contigo no medio das persoas máis débiles. Oremos.
- Ofrecémosche a nosa axuda, axudando as persoas e familias que o están pasando mal nesta hora. Oremos.
- Ofrecémosche o noso agradecemento por ti, Xesús, e por toda a xente de ben que nos sostén na vida, na alegría, na loita. Oremos.
- Ofrecémosche os soños e esperanzas de todos os nenos e nenas do mundo, especialmente os daqueles que dispoñen de poucos recursos para soñar a vida con dignidade. Oremos.
- Ofrecémosche a nosa vontade de colaborar para que a comunidade cristiá, a parroquia, da que formamos parte se enganche máis a ti, e te anuncie con verdade mediante un estilo de vida semellante ao teu. Oremos.
a graza de regalar,
a graza de ofrecer cousas,
a graza de darme no dar.
Que aprenda ti, meu Deus,
a andar cos ollos abertos
para ver a quen precise
dalgún dos meus cumprimentos.
Que aprenda de ti, meu Deus,
a saber e a vivir
que hai ledicia maior
en dar ca en recibir.
Que aprenda de ti, meu Deus,
o malo que é amontoar,
mentres haxa quen non teña
nin o máis elemental.
Que aprenda de ti, meu Deus,
todo e desmedido amor,
a facerme pouco a pouco
do teu don fiel seguidor.
Que aprenda de ti, meu Deus,

quitarlle vigor ao débil
para que o seu soñe e loite.
Que aprende de ti, meu Deus,
a dar con limpeza plena
e que a man esquerda ignore
o que regala a dereita.
Que aprenda de ti, meu Deus,
que a miña vida é un regalo,
para acoller, compartir,
agradecer e coidalo.
Signo
- O camiño de quen anda en busca.
- O neno, ou nenos e nenas, signo da debilidade na que hai grande sabedoría.
- Regalos que evoquen que a nosa vida é un regalo, e que en regalar hai moito ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.