Signo:
Cruz, luz, recipiente con auga, ramo de loureiro.
Canto:
CAMIÑANDO POLA VIDA / CO FRESCOR DUNHA CANTIGA
CAMIÑANDO ENCONTRAREMOS O AMOR.
CAMIÑANDO TODAS XUNTAS / NAS LEDICIAS E NAS DORES,
CAMIÑANDO ENCONTRAREMOS O SEÑOR.
Lectura dialogada de Lc 24, 13-35
Canto: (repetimos o canto anterior)
Pregaria conxunta a dous coros:
(sobre Lc 24, 13-35))
QUEN NOS FARÁ ARDER OS CORAZÓNS,
PARA ENCHERNOS DE GOZO, DE ESPERANZA?
QUEN, SENÓN TI, SEÑOR RESUCITADO,
AMIGO DE ILUSIÓNS E ALBORADAS?
Quen, meu señor, nos abrirá os ollos,
para verte alentador ao noso lado,
nas horas e nos días de inquedanza,
cando andamos tristes e apagados?
entre os medos e bágoas destes tempos,
nos que as sombras se estenden coma un manto
sobre as vidas das pobres, dos pequenos?
Onde están esas voces de mulleres
que andan prestas, ao ver riscar o día,
anunciando que vives, que camiñas
ao carón do tremor das nosas vidas?
Quen nos fará tan listas e espelidas
para ver no amargor das nosas cruces
a corrente de graza vitoriosa
que enche o mundo de alentos e de luces?
Que se fai tarde, ai!, que xa anoitece
sobre pobos e xentes, cantos medos!:
o día, a noite, o pan, a paz, os fillos,
soidades, amarguras e silencios.
sempre vas camiñando ao noso lado.
Se paramos, ti paras, non nos deixas:
compaña fiel, descanso asegurado.
Nas túas mans o pan roto, bendito ...,
os pans partidos, dados, compartidos
acéndennos a luz nova da Pascua:
bendita a vida que nace do servizo!
Quen nos dará voz quente e abondosa
para contar coa forza do vivido
a presenza amada e vigorosa
do Señor que atopamos no camiño?
Preces: compartimos a alegría da Pascua andada e a ilusión da Pascua desexada
Canto: Aleluia
Remate: bicos de Pascua (que saben a gloria)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.