Lecturas:
JOSÉ LUIS SICRE,
Introducción al Antiguo Testamento.
Verbo Divino, Estella (Navarra)
Tema II: EL PENTATEUCO
JOSÉ MARÍA MARDONES,
Matar a nuestros dioses. Un Dios para un creyente adulto.
PPC, Madrid.
Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
- Que razóns hai para pensar que Moisés non puido escribir o Pentateuco?
- Entón eses libros non son revelación nin “palabra de Deus”? Como se entende iso?
- Como interpretar que Deus lle pida a Xacob que sacrifique o seu fillo Isaac?
- Para salvar a Israel, tivo Deus que “endurecer” o Faraón e matar os exipcios?
- Se Moisés tivo que discorrer, dialogar, aprender dos veciños… para publicar os Mandamentos, como dicimos que son mandamentos de Deus?
O tempo de Nadal, o
tempo de vacacións, precisamente por ser vacacións e por ser o tempo de Nadal
(o tempo do Deus connosco, o tempo da presenza solícita de Deus no medio de
nós, porque nos ama cun amor denso, tenro, esixente, total), préstase para
estudar o tema do Antigo Testamento que traemos entre mans, como aprendices de
Deus e das persoas que intentaron achegarse á súa luz, ao seu amor, á súa
forza,.
Por outra banda, este
mesmo tempo préstase moitísimo para que leamos con calma, meditativamente, o
libro de José María Mardones, intentando confrontar con el a nosa experiencia
espiritual, na procura sempre dunha experiencia de Deus o máis limpa e fonda
posible, aínda que nos revolva a casa e se nos conmovan moitas cousas na vida.
Canto máis auténtica sexa a experiencia de Deus, máis nos veremos gratificados
e alentadas por ela. E xa sabes que a experiencia de Deus non se acada só con
lectura e estudo, senón tamén coa oración e coa praxe do amor.
# Cando vaias lendo estes dous libros, toma nota de todo o que non
entendes, o que te sorprende, o que especialmente che gusta, tamén aquilo co
que en principio non estás de acordo, para compartilo entre todos e todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.