23 xaneiro, 2014

Convocatoria Encontro de Solidariedade Rural


Xaneiro 2014


Benqueridas amigas e amigos:

Somos persoas cristiás, membros do Movemento Rural Cristián e das Comunidades Rurais de Galicia, que levamos moito tempo vivindo no campo, contribuíndo coa nosa presenza e co noso traballo a que ese mundo rural sexa vivo e esperanzado.

Seguro que sabes ben o que está pasando no campo. Levamos xa anos vivindo nunha encrucillada na que se está descompoñendo moito do que ata o momento presente formaba parte do estilo de vida, de traballo, de convivencia rural e non resulta claro por ónde poden ir as cousas no futuro. Tamén observamos que a presenza cristiá comprometida coa vida da aldea estase debilitando e necesita moito ser reforzada.

Gustaríanos un mundo rural vivo e feliz e poder vivir unha fe cristiá ben metida na vida diaria dos nosos veciños e veciñas. Para isto, pensamos que é fundamental poder unir forzas con outras persoas e colectivos que estades neste mesmo intento. Por iso, invitámoste a un encontro de reflexión, diálogo e busca conxunta no que poidamos compartir as nosas preocupacións e visións. Este Encontro será:

o sábado día 5 de abril de 2014,
en Santiago de Compostela


Os obxectivos que nos propoñemos son:

  • Enmarcar o momento presente do campo na historia do mundo rural en Galicia.
  • Coñecernos na nosa vida, tarefas, dificultades e ilusións a través de espazos de comunicación.
  • Chegar a acordar aspectos concretos da realidade rural polos que especialmente podemos apostar.
  • Propoñernos camiños de coordinación e colaboración entre nós, se o vemos oportuno.

Se tes interese neste Encontro, podes cubrir a folla de inscrición adxunta e mandala, antes do 1 de marzo 2014, ao enderezo postal ou electrónico que se indica na mesma:

Secretaría do Encontro:
Ponte Roxal 2 Candia 27730 Abadín (Lugo)
encontrorural@yahoo.es
Tf, 636366825 (Alicia)

Non deixes de engadir todas as suxestións que creas oportunas. Con tempo suficiente, e á luz das ideas que nos enviedes, mandarémosche unha nova comunicación indicando o lugar concreto, horario, orde do día, actividades...

Grazas pola túa atención. Quedamos á túa disposición no nome dos nosos respectivos colectivos,

Manolo Regal Ledo, do Movemento Rural Cristián de Galicia
María Pilar Wirtz Molezún, de Comunidades Rurais de Galicia



FICHA DE INSCRICIÓN



1. Nome e apelidos: .............................................................................


2. Enderezo: .......................................................................................


3. Teléfonos de contacto: ................................. / .................................


4. Dirección de correo electrónico: .........................................................


5. Vinculación co mundo rural (subliña o que corresponda):
traballador/a agraria -- xubilado/a agraria -- outras profesións –
relacións de simpatía – familiares -- outras)
.....,...........................................................................
.................................................................................
.................................................................................


6. Grupo ou comunidade á que pertences:
............................................................................................................


7. Como persoa ou como grupo podedes facer unha comunicación de entre 5 a 10 minutos sobre a vosa experiencia con relación ao mundo rural?

SÍ                               NON


8. Suxestións........................................................................................



Por favor, enviar antes do 1 de marzo do 2014 á Secretaría:
encontrorural@yahoo.es

Ou, por correo postal a:
Movemento Rural
Ponte Roxal 2 Candia 27730 – ABADÍN (Lugo)

Tf de contacto: 636366825 (Alicia)
982508237 (Manolo)



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.