Canto:
TEÑO
SAUDADE DE TI, MEU DEUS,
TEÑO
SAUDADE, TEÑO SAUDADE DE TI.
Deus,
meu Deus, por ti madrugo,
de
ti ten sede a miña alma;
por
ti devece o meu corpo,
en
terra reseca, sedento e sen auga.
Mira
cara a ti no corazón da vida,
para
ver o teu poder e a túa gloria.
O
teu amor é mellor ca a vida,
lóante
os meus labios;
toda
a vida te bendigo
e
levanto no teu nome as miñas mans.
Como
na maior das abundancias, estou satisfeito,
con
labios alegres lóate a miña boca.
No
meu leito relémbrote,
nas
vixilias da noite penso en ti.
Ti
es o meu auxilio,
á
sombra das túas ás estou contento;
a
ti está unida a miña alma,
a
túa dereita é o meu apoio.
Os
que queren a miña ruína
fracasarán
no seu intento;
oxalá
se decaten e cambien,
para
que o mal non devore as súas vidas.
En
Deus alégrase o seu pobo,
atopa
contento quen se apega ao seu nome,
e
teñen que calar os mentireiros.
Evanxeo: Xn 1, 1-5.9
Canto:
TEÑO SAUDADE DE TI, MEU DEUS,
TEÑO SAUDADE, TEÑO SAUDADE DE TI.
ALFA
E OMEGA
Foi o
comezo do tempo
un
berro de sede dende a lus.
Grazas,
meu Deus,
luz,
enerxía, calor,
corazón,
seo e aperta,
transparencia
orixinal
na que
todos, todas temos asento
desde
o comezo dos tempos.
Grazas
por nos faceres berro de sede,
á túa
semellanza, á túa medida,
cunca
de barro aberta á luz,
xemido
pobre, urxente,
na
busca do teu rostro.
Moreas
e moreas de sedes,
da
cinza ata a estrela,
buscando
luz, acougo, comuñón total
en ti.
A vocación do mundo
é subir antre cadavres
por un camiño de sede e lusquefús.
Pero
que longo e que costento
o
camiño a andar, meu Deus!
Subir,
baixar, subir
entre
cinza, cadáveres, derrotas,
levados/as
pola forza,
polo
consolo amargo da sede
que
nos mantén
en
ti.
Chamados/as
por ti
a
creármonos constantemente
coma
persoas, coma pobo,
soñando
fraternidades,
a
proba de caídas e desesperos,
perdoadas,
incorporadas
en
ti.
No
luscofusco,
a
cabalo entre o temor das tebras
e
a esperanza do día,
sentíndonos,
laiándonos, felicitándonos
de
ser ínfimos vagalumes
á
espera da alborada eterna
en
ti.
A espranza do mundo
é o amor consumido de sede
na consumación da crus.
Bendito,
meu Deus,
mil
veces bendito,
por
non nos abandonar na orfandade,
por
espallar polo mundo a mancheas
o
gozo e a forza do amor
--inocencia,
xustiza, beleza, solidariedade--,
por
sementalo con xeito artesán
na
diminuta parcela de cada ser
de
todos os seres,
de
cada un, cada unha de nós.
Bendito,
meu Deus,
mil
veces bendito,
por
Xesús de Nazaré, o teu fillo ben amado,
amor
consumido de sede
na
consumación da cruz
a
onde o levara a paixón por ti, pola xustiza .
Solidariedade
extrema,
aperta
ao mundo desde un corpo marxinal.
Bendito,
meu Deus,
mil
veces bendito,
porque
en Xesús hai esperanza,
a
súa cruz abriu camiños
máis
aló das derrotas de todos os egoísmos;
el
é noso: camiño aberto,
carne
da nosa carne, vida da nosa vida,
o
seu amor consumido de sede,
ata
a consumación da cruz,
por
ti tamén,
por
ti, pola xustiza.
A fin suprema do tempo
é un estalido de gloria na lus
O
tempo
que
abre e abriga as nosas vidas,
que
as enche de historias e de nomes,
nacera,
meu Deus, na luz,
laparada
eterna que sostén
a
preciosa fraxilidade das nosas torcidas.
E
a fin do tempo será,
por
graza e esplendidez túa,
meu
Deus,
resurrección,
o
estoupido de gloria na luz,
na
nosa luz fundida na túa.
o
fogar de todos os camiñantes,
a
meta de todas as carreiras,
a
patria de todos os exiliados,
a
aperta de todas as marxinadas
Estoupido
de luz
na
inocencia recuperada,
na
xustiza dignificada,
no
amor desmesurado,
na
beleza nunca imaxinada,
na
comuñon total,
na
unidade total,
en
ti, meu Deus,
alfa e
omega.
Preces:
Abrimos o corazón ao xeito de Xesús.
Noso Pai
Bendición final
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.