Signo: as tres veliñas: branca, vermella e verde.
1.-Adoración e loanzas
CANTO:
Pai, Fillo, Espírito Santo,
Pai, Fillo, Espírito Santo,
paz na loita, forza e canto.(2)
Bendicións ao Pai/Nai:
Bendito sexas, Pai,
Bendita sexas, Nai,
seo, berce, colo, amparo,
sostén na vida e na morte,
amplo e cálido abrazo,
que me coñeces a fondo,
que me amas sen reparos,
que me incitas a soñar
contigo soños ousados
de ceo, de terra nova;
e ti sempre ao noso lado,
fóra e dentro de nós,
debuxando os nosos pasos.
Bendicións ao Fillo
Bendito sexas, Xesús,
irmán, amigo, Señor,
que de cansos e aflixidos
te fixeches servidor;
mansedume e fortaleza
viviches nun mesmo ardor.
Canto che doía a xente,
que sufría ao teu redor!
Canto amosaches a Deus
perdoador, curador,
e a cantos ti liberaches
co teu poder loitador!
Compañeiras, compañeiros
de ti seremos, Señor,
amasando as nosas vidas
na masa do teu amor.
Bendicións ao Espírito
Bendito Espírito Santo,
avogado defensor,
criterio nas horas turbias,
alento reparador,
nas nosas canseiras forza,
nas penas consolador,
compañeiro que non falla
nas horas de loita e dor,
ledicia e festa, rebumbio,
compositor e cantor,
fonte de comunidade
e dos pobres valedor.
2.- En solidariedade con Deus
CANTO:
Pai, Fillo, Espírito Santo,
Pai, Fillo, Espírito Santo,
e que medre a irmandade;
e que medre a irmandade,
pan, xustiza, dignidade.
NOSO PAI/NAI
Abrazo trinitario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.