ENTRE REZOS E AMORES
Convivencia en Sobrado, 10,11,12 de xuño do 2016
Venres, 10 de xuño
Coma todos os anos, na ESCOLA DE ESPIRITUALIDADE pechamos o curso coa convivencia en Sobrado dos Monxes os días 10, 11 e 12 de xuño. Fomos unhas 60 persoas as que asistimos, aínda que non todas puideron asistir a todos as partes do encontro.
O venres pola tarde, Maricarme estaba solícita, coma sempre, atendendo e orientando as persoas que iamos chegando. O ceo estaba algo encuberto, pero os ánimos non. Había moitas máis mulleres ca homes; a maioría eramos persoas que estiveramos asistindo á Escola durante o curso, pero tamén houbo un bo grupiño delas que se estrearon na Escola asistindo a este encontro, entre elas varias portuguesas. A todas, xaora, lles abrimos as portas con inmenso agarimo. Acomodadas todas puidemos asistir ao rezo de Vésperas coa comunidade cisterciense. Aínda que non entramos no canto, porque non é doado, si que, cada un, cada unha, á súa maneira, puidemos asolagarnos no espazo orante que os monxes crean. Deus sexa sempre bendito!
O venres pola tarde, Maricarme estaba solícita, coma sempre, atendendo e orientando as persoas que iamos chegando. O ceo estaba algo encuberto, pero os ánimos non. Había moitas máis mulleres ca homes; a maioría eramos persoas que estiveramos asistindo á Escola durante o curso, pero tamén houbo un bo grupiño delas que se estrearon na Escola asistindo a este encontro, entre elas varias portuguesas. A todas, xaora, lles abrimos as portas con inmenso agarimo. Acomodadas todas puidemos asistir ao rezo de Vésperas coa comunidade cisterciense. Aínda que non entramos no canto, porque non é doado, si que, cada un, cada unha, á súa maneira, puidemos asolagarnos no espazo orante que os monxes crean. Deus sexa sempre bendito!
E despois de Vésperas fomos á cea. E despois da cea, ás 9,30, como ese día non houbo Completas, xa nos xuntamos para presentarnos en conxunto, e para recibir por parte de Soedade e Pilar Wirtz unha breve explicación do que ía ser o encontro. Soedade obsequiounos de entrada coa lectura do poema de Celso Emilio Ferreiro, EU XA TE BUSQUEI, que segundo ela é o máis precioso poema de amor en galego. Co poema quedou aberto tamén un pequeno espazo “amoroso”, presidido pola Biblia en hebreo e galego, onde poderiamos ir achegando durante estes días de convivencia todo o que o corazón nos fose pedindo. Falamos un pouco sobre o porqué do tema escollido, que andaba ao redor do amor, e retirámonos para descansar. Xa pasara o día primeiro.
Sábado, 11 de xuño
Para os comezos de cada día podiamos escoller entre acompañar os monxes na oración de Laudes e Misa, asistir á actividade de expresión e ximnasia corporal baixo a dirección de Elvira, e logo camiñar, ou simplemente demorar o descanso ata a hora do almorzo, que foi ás 9. Espelidos e repostos, ás 10 empezamos xuntándonos para facer a oración da mañá, que preparou Manolo Regal: un primeiro momento de silencio interior integrador, un segundo momento para rezar co salmo 62, e un terceiro momento para traer á nosa convivencia persoas e situacións onde o amor estivese especialmente presente ou ausente, desde o amor solidario.
Con esas preguntas, individualmente ou por parellas ou pequenos grupos, dedicamos un tempo a ver como andabamos niso do amor. Despois volvemos ao grupo para poñer en común o que foramos pensando e vivindo. É imposible podelo reproducir. Gustou moito, en xeral, a exposición de Pablo Guerrero, axudounos a mirar para nós, para o noso amor, con ollos de agradecemento e de ilusión.

Despois dun pequeno descanso, volvémonos xuntar para compartir o que a película nos suxerira. A película tamén gustou, dentro do que era, aínda que non a todo o mundo. Tamén é imposible reproducir aquí todo o que uns e outras fomos comentando.
Ceamos, fomos a Completas, e despois de Completas xuntámonos de novo para compartir algo de cómo nos fora o día. Foi Mencha a que coordinou este momento final do día. E rematouse o día segundo.
Domingo, 12 de xuño
Empezamos o día coma na xornada anterior, cada quen dedicando a hora primeira do día ao que mellor lle pareceu. Almorzamos e ás 10 xuntámonos para preparar algo a celebración da Eucaristía; e fixémolo coa “Celebración de homenaxe á muller que unxíu a Xesús”, porque o evanxeo deste domingo día 12 recollía este encontro da vida de Xesús. Preparou e animou a celebración Manolo Regal. A xente parece que a viviu con intensidade e pracer. Unha boa preparación para a Eucaristía, que tivemos ás 11 da mañá coa comunidade dos monxes e co pobo. Tamén a Eucaristía nos aproveitou moito, aínda que, por non poder acoplarnos ao canto, teñamos que facer un esforzo para buscar outras maneiras de nos ir metendo na celebración.
Despois dun pequeno descanso, ás 12,30 volvémonos xuntar para compartir o que esta convivencia significara para nós. Soedade invitounos a pechar o círculo aberto na primeira hora do encontro coa lectura do poema de Celso Emilio Ferreiro, e, como ben puidemos, fomos pechando ese círculo comentando o que significara para nós a convivencia destes tres días; era grande o contento, os corazóns estaban frescos e espelidos, os ánimos voaban e as ganas de levar á vida o que na convivencia experimentáramos parecían vigorosas. E, claro, por iso mesmo era do caso rematar a convivencia coa “dana de bendición” ben guiadas por Elvira. Logo o xantar, e logo os adeuses, os desexos dun bo e denso verán e a esperanza de nos poder volver ver por Santiago na primeira sesión do próximo curso. E, como di a xente da aldea nestes casos, “de aquí alí moitas veces”. Que así sexa. Era o 12 de xuño, o día no que, por mandato e gusto de Xesús, fixeramos memoria daquela muller anónima, pecadora ou non, que non soubo que facer con Xesús do moito que por el se vira amada e acompañada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.