Lecturas:
- TORRES QUEIRUGA, A., Recuperar a creación. Por unha relixión humanizadora. SEPT, 1996,
-- Deus crea por amor (Cap. II, páxs. 91 - 108)
-- Culpa, pecado e perdón (Cap. V, páxs. 201 - 245)
Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
- Onde está Deus para ti? No ceo? Na igrexa? Nas cousas que estás a facer? Nas persoas que encontras?
- Deus está quieto, ollando o que facemos? Intervén nalgunhas ocasións importantes? Está sempre actuando: como?
- Como sitúas a Deus na enfermidade, túa ou das outra persoas? Como lle rezas?
- Por que pensas que facemos o mal, mesmo moitas veces sen que o queiramos? Ou querémolo sempre?
- Como pensas que te mira Deus cando te sentes culpable?
- Pensaches algunha vez que “o teu” (ou o de outras persoas) non tiña perdón de Deus?
- Por que non debemos pecar? Porque o manda Deus? E se Deus non existise o se , existindo, non o mandase?
- Que significou na túa vida a confesión? Como a viviches? Como a vives agora?
- Ten ou non ten razón o irmán do Fillo pródigo?
- Hai dereito a que Deus perdoe tamén a Hitler ou a Pinochet?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.