Recreándonos na Pascua
Signos: luz, auga e vento: Espírito.
1.- Procesión dos signos
Ofrécesenos a luz:
Velaquí a luz, irmás e irmáns,
a luz de Cristo resucitado,
a luz que alumea as nosas tebras,
que desvela os nosos egoísmos,
que alenta o nacemento en nós
dunha criatura nova
á medida de Cristo Xesús.
Abrámoslle sen receos
as portas do noso corazón,
da nosa vida toda.
TEMOS AUGA E LUME,
TEMOS ALEGRÍA,
TEMOS PAZ E FORZA
NA MAÑÁ DA VIDA.
(silencio)
Ofrécesenos a auga:
Velaquí a auga, irmás e irmáns,
a auga da vida nova,
a auga da vida purificada,
liberada de escravitudes,
a auga do noso bautismo
que nos fixo novas criaturas
en Cristo resucitado.
Abrámoslle portas e comportas,
que nada en nós se vexa privado
da dozura e fortaleza destas augas,
da súa presenza refrescante
no ardor dos camiños da vida.
TEMOS AUGA E LUME,
TEMOS ALEGRÍA,
TEMOS PAZ E FORZA
NA MAÑÁ DA VIDA.
(silencio)
Ofrécesenos o Espírito:
Velaquí o Espírito, irmás e irmáns,
(sopra cara a xente sobre as mans estendidas)
a forza do Vento que nos empuxa.
Non o vemos, pero está aquí,
sacudindo as nosas preguizas,
esparexendo as nosas rutinas,
varrendo as nosas fealdades,
facéndonos humildes reflexos
de Cristo resucitado.
Abrámoslle portas e ventás,
levantémoslle os nosos tellados,
que nos mova e nos remova,
que nos faga brincar de ledicia,
cantar e danzar de agradecemento
TEMOS AUGA E LUME,
TEMOS ALEGRÍA,
TEMOS PAZ E FORZA
NA MAÑÁ DA VIDA.
(silencio)
2.- Compartimos a Pascua
Eles tamén contaron o que lles pasara polo camiño, e como o recoñeceran no partir o pan. (Lc 24,35).
3.- Memoria solidaria
ESCOITA, IRMÁ(N),
TEMOS MOITO QUE FACER,
SOMOS AS MANS DE DEUS.
4.- Noso Pai/Nai, en quen vivimos e existimos...
5.- Bendición:
N., Recibe o Espírito, a paz e a forza de Deus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.