PENSAR E VIVIR A XESÚS HOXE
Textos bíblicos:
Mt 3, 13-17: recolle unha
experiencia fundamental de Xesús: sentirse totalmente fillo de Deus. Fillos/as
no fillo.
Lc 4, 1-13: conflitos que Xesús
viviu no seu proceso de maduración como crente en Deus.
Xn 16, 4b-15: as primeiras
comunidades cristiás, o mesmo Xesús é consciente de que o Espírito ten moito
que nos dicir, moito que desenvolver, moito que afondar.
Para entrar en contacto coa túa experiencia de vida.
3.- A nosa relación persoal con Xesús, como a levamos a cabo? É unha idea, unha
especie de fantasma (Mc 6,49), unha persoa real coa que tratamos, coa que
compartimos ata o máis íntimo, a quen amamos, aínda que a súa presenza sexa
unha presenza no Espírito, espiritual?
Tempo de oración
- Busca e crea un espazo, un momento, un tempo axeitado (15-20´)
- Toma conciencia de que Deus está en ti, de que ti estás en Deus.
- Le algún dos textos sinalados arriba ou Mt 6, 5-14 sobre a oración.
- Vaite concentrando naquel xesto, naquela palabra de Xesús, que máis che chegou. Somérxete nela, deixa que te colla enteiramente. Cala, adora, ofrécete a fondo, para poder vivir logo algo coma Xesús.
- Acaba dándolle grazas a Deus pola súa atención neste tempo. Anímate a pasar o día empuxada polo alento de Xesús acollido na oración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.