PARA QUE NAZA ALGO NOVO PARA QUE NAZA XESÚS
1.Introdución
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO.
CANTO
PREPAREMOS OS CAMIÑOS / ESTÁ PRETO O SALVADORE VAIAMOS CAMIÑANDO AO ENCONTRO DO SEÑOR.
Como orballo que dos ceos sobre a terra vai caer,
2.- Sabela, a muller ocultada, regalada e empoderada: Lc 1, 5-25. 39-45. 57-80.
CANTO:
E, RO RO, RO RO, MEU NENO!E, RO RO, RO RO, MEU AMOR!
(unha persoa recita as estrofas; despois de cada estrofa repítese o canto)
Polos criaturas afogadas nas augas mediterráneas.Polas criaturas que van nacer e non nacen.Polos criaturas malcriadas,consentidas en excesos nos nosos fogares.Polas criaturas obxecto de trata carnal.Polas criaturas vítimas de guerras e fames.Polas criaturas carentes de menciñas e agarimos.Polas criaturas que sofren rupturas familiares.Polas criaturas amortuxadas con tanto ter.Por unha infancia ben atendida e educada.Por unha infancia leda e solidaria,tal como Deus a soña.
REPETIMOS O CANTO
3.- María, a chea de graza dispoñible para Deus: Lc 1, 26-56. 2, 1-7.39-40.
Recitado do poema de José Luís Blanco Vega: Anunciada (…y tengo amor a la visible, Sal Terrae,55).
ANUNCIADA
-¿Y cómo os diría yolo que un ángel desbarata?Fue como tener seguraslas paredes de tu casay en un vendaval sin ruídover que el techo se levantay entra Dios hasta la alcobadiciendo:-Lena de gracia,no me levantes paredesni pongas muro a tu casa,que por entrar en tu historiame salto yo las murallas.Si virgen, has de ser madre,si esposa, mi enamorada,si libre, por libre quieroque digas: “he aquí la esclava”.-He aquí la esclava, le dije.Y se quedó mi palabrasencilla, sencillamenteen el aire arrodillada.............
4,. Oración en silencio.
Que hei de facer, meu Deus,para que os soños medren en mine non queden en nada?QUE QUERES DE MIN, SEÑOR,QUE QUERES QUE EU FAGA?Aquí estou, meu Deus,con todo o meu ser nas mans;a que me chamas?QUE QUERES DE MIN, SEÑOR,QUE QUERES QUE EU FAGA?Humilde, cal me é tan propio,pois eu son lama,valente, pois ti me amparas.QUE QUERES DE MIN, SEÑOR,QUE QUERES QUE EU FAGA?
4.-E facemos un Belén vivinte coa achega de cada quen.
CANTOS:
AI, CANTO AMOR, AI, CANTO AMOR!NUNHAS POBRES PALLAS NACERÁ O SEÑOR (NACEU O SEÑOR)
DE GALICIA A BELÉNCARAVEIS TRAEMOS EN DUCIAS DE A CEN, Xesús, caraveis que vén a serPARA ADORNAR O BERCE DO NENO RECÉN, o amor dos veciños deste lugar.SON DA VEIRA DO MIÑO, CÓIDAOS SAN XOSÉ, De Galicia a aquí vimos para serPARA A VIRXE MARÍA QUE ESTIVO DE PARTO os primeiros en te agasallar.ONTE Á NOITE EN BELÉN.
NANA PARA DURMIR O NENO
1.Dúrmete, Neno bendito,dúrmete, caraveliñoque están os anxos á veirado teu berce pequeniño.Dúrmete.DÚRMETE, NENO BENDITO,DÚRMETE, CARAVELIÑO,QUE ESTÁN OS ANXOS Á VEIRADO TEU BERCE PEQUENIÑO.DÚRMETE.2. Durme, estreliña do ceo,pombiña dos meus amores,que tamén te están gardandoXosé e máis os pastores.Dúrmete.3. Déixame encherte de bicos,déixame darche unha aperta,déixame cantar cos anxosa Paz que ti traes á terra.Dúrmete.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.