1. Cal é o noso lugar agora mesmo? Onde estamos? Estamos en Deus, na Casa Común. Fondamente interligados/as, interdependentes. Minerais, plantas, animais, seres humanos. Repasamos os momentos desta mañá.
2. Escoitamos a cantiga: TUDO ESTÁ INTERLIGADO. (De Pe. Cireneu Kuhn)
TODO ESTÁ INTERLIGADO
COMO SE FÓSEMOS UN,
TODO ESTÁ INTERLIGADO
NESTA CASA COMÚN.
1.O coidado coas flores do xardín,coas fragas, os ríos e mananciais,o coidado co aire e os biomas,coa terra e máis cos animais.O coidado co ser en xestación,coas crianzas o amor especialo coidado cos doentes e velliñ@s,polos pobres opción preferencial.Porque todo está…2.A loita polo pan de cada día,polo traballo, saúde, educación,a loita por librarnos do egoísmoe a loita contra toda corrupción.O esforzo contra o mal do consumismo,a busca da verdade e do ben,valerse do tempo de descanso,da beleza deste mundo e do alén.Porque todo está…3.O diálogo na escola e na familia,entre pobos, culturas e relixións,os saberes de ciencia e da política,da fe, da economía en comuñón.O coidado polo eu e polo ti,pola nosa ecoloxía integral,o cultivo do amor de San Francisco,feito solidariedade universal.Porque todo está…
3. Vendo isto, que sae de nós?
Como non loarte, Deus, Pai, Nai queridiña,en todas as cousas e seres nos que ti es!Como non agradecer a túa presenzaata no máis minúsculo aruxo!Como non andar en plena e total humildade,sabéndome feita, servida e sostidapor unha inmensidade de realidades e de seresque me permiten ser o que son en cada instante!Como non militar a tope na milicia da irmandade,da inocencia, do respecto, da valoración,do coidado, da defensa de calquera ser,sobre todo dos que sofren calquera exclusión!Como non ollarme a min mesmacon ollos de admiración agradecida,sabendo que na miña fráxil humanidadeestá debuxado o teu rostro,ata o punto incrible de ser un en ti, contigo!Como non gozar vivindo a fondo en ti,coidando e defendendo a casa común!Como non aspirar por ese díano que sexamos pura harmonía en ti!En ti somos, Deus, Pai, Nai queridiña.Grazas a ti seremos todo o que podemos ser.Que sorte sermos en ti,facendo contigo unha comuñón total!Que o teu inmenso soño comunitario, cósmico, se cumpra en nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.