Orando cos salmos cos que Xesús oraba
Presentación: Xesús froito do Espírito na historia.
Salmo 116: amor e misericordia.
En 42 salmos se citan.
Tamén María e Zacarías.
Salmos das Subidas ou Peregrinacións: imaxes potentes para compartir vivencias potentes.
Oración de Xesús: intensidade, baleiro e segredo.
Música de fondo: para se ir baleirando, pousando as nosas mochilas. Un nome...
Salmo 116: (todxs xuntxs)
Loade o Señor todas as nacións,Música de fondo: para asolagarnos no amor e na fidelidade de Deus.
aclamádeo todos os pobos.
O seu amor connosco é firme,
a súa fidelidade duran sempre.
Salmo 129: cando nos aran o lombo
Abondo me combateron desde a mocidadeSalmo 131: no colo de Deus.
--que o diga o pobo de Deus--,
abondo me combateron,
pero non puideron comigo.
Por riba do meu lombo araron os aradores,
abriron longos sucos.
Pero o Señor é xusto
e rompe as correas dos malvados.
Que pena a sorte
de quen renega da xustiza!
Serán como herba dos tellados,
que seca antes da sega.
Con ela non enche a man o segador,
nin fai brazada quen ata os monllos.
Nin os que pasan saudarán dicindo:
“Que o Señor vos bendiga!”
Bendicímosvos no nome do Señor!
O meu corazón, Señor, non é soberbioSilencio: compartir.
nin os meus ollos altivos.
Non persigo grandezas
nin marabillas que me exceden
Eu acalmo e acalo a miña ansia
coma un meniño no colo da súa nai;
coma unha meniña
está en min a miña ansia.
Espera, meu pobo, no Señor,
desde agora e para sempre.
(con dedicación) Noso Pai/Nai, en quen somos e vivimos.
E recollemos as mochilas.
Canción: La guerrilla de la concordia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.