05 febreiro, 2012

Festa do Lume 2012




EN MEMORIA DA VIDA, MORTE E RESURRECCIÓN DE XULIO LOIS





AO ABEIRO DA MEMORIA DA VIDA, PAIXÓN E MORTE DE XESÚS DE NAZARÉ.

1.- Presentación e ensaio.

2.- A luz, o lume, que nos ilumina, clarifica e purifica.

CANTIGA
A Cristo cantamos na luz que alumea,
a Cristo cantamos co lume da fe.

LECTURA DO EVANXEO: Mt 6,22-23.

SIGNO
Luz no centro, silencio, oración.Pasámonos a vela uns a outras, en silencio, ou comentando algo,colócase no centro da celebración.

ORACIÓN
Porque me coñeces a fondo con amor,
            GRAZAS, MEU DEUS
Porque me amas.
Porque comprendes a miña fraxilidade.
Porque me empuxas cara á luz e á transparencia.
Porque me queres san e feliz.
Porque me queres vivo e animado.
Porque me queres luz contigo.
Porque contas comigo
para o teu soño de irmandade real.
Porque ti nunca fallas.

CANTIGA
Mira, meu ben,
mira ben o que eu che digo,
eu son Deus,
eu son Deus moi dentro túa
e non inimigo á porta.

3.- Feitos/as de sal e lume

SIGNO: o sal ao pé da luz

LECTURA DO EVANXEO: Mt 4,13-16.

LECTURA DUN TEXTO DE XULIO LOIS (p. 11 de “Que no caiga la fe”)

Testemuños sobre Xulio Lois (o que o vai dicindo, érguese e proba o sal)

ORACIÓN
Sabíalo?
A túa vida non é para ti,
soamente para ti.

O teu corpo non é para ti,
soamente para ti.

O teu amor non é para ti,
soamente para ti.

Nin o teu humor,
nin a túa intelixencia,
nin o teu tempo,
nin os teus cartos,
nin a túa casa...

Sabíalo?
Estás feito de sal e lume.
Sal para salgar
e lume para alumear.

O teu é desfacerte coma o sal,
salgando os demais.
Non teñas medo a quedar desaborido
a conta de tanto salgar.

O teu é ir revendo coma a veliña
alumeando os demais.
Non teñas medo
a ser veliña que reve
a conta de tanto alumear.

Xa atoparás
quen repoña o sal gastado,
e quen acenda no teu corazón
un lume que nunca morre.

Que fermoso é ser sal e lume,
á sombra de Xesús,
para facer unha Galicia nova,
un mundo novo,
a carón da xente humilde desta terra!

CANTIGA
Mira, meu Deus,
aquí estou para quererte,
estas mans,
estas mans para servirte
en quen máis precise delas.

4.- Convocadas/os a un seguimento

LECTURA DO EVANXEO: Lc 9,57-62

LECTURA DUN TEXTO DE XULIO LOIS (p. 89 de “Que no caiga la fe”).

Momento para compartir desde a fe e a vida.

ORACIÓN
Coñézote polo teu nome,
sei como es,
como pensas,
como soñas
e coma actúas.

E conto contigo.
máis ca nunca conto contigo

Porque máis ca nunca
a alegría está ameazada
na praza da xente pobre.

Porque máis ca nunca
os poderosos urden artimañas
para retirar o pan da mesa dos/as famentos/as.

Porque a comunidade cristiá está enfraquecida
e hai poucos/as que ousen erguer
a pancarta dos soños
e presentar loita con paz,
e gozar a paz con loita.

Conto contigo, amigo, amiga,
conto contigo, compañeiro, compañeira.

Deixemos, se queres, as escusas
e poñamos a man sobre do arado,
que a terra é longa e xenerosa
e os froitos han de vir
nos outonos mainos das horas e da vida.

Conto contigo, amigo, amiga,
non te chamo para o fácil, ben o sabes,
chámote para o corro dos valentes.

Ofrézoche o que teño:
Alento, forza, humor, comunidade,
e ese inmenso ben
de saberte sempre rentes da vida
e de quen a fai, a goza e a comparte.

Conto contigo,
se queres, sígueme.

CANTIGA
Pra me atopar,
cómpre ter ollada limpa,
hasme ver,
hasme ver en quen traballa
por ter vida e tela digna.

5.- Ofrecemento

Ofertamos enriba da mesa do altar o último libro sobre Xulio Lois (Que no caiga la fe) e o libro dos Evanxeos.

Para a paz:
XUNTOS, IRMÁNS,
E COLLIDAS DAS MANS,
SEN MEDO E CON FE,
CANTOS DE FESTA RESOARÁN,
DE AMOR E DE BEN.

Para a Comuñón:
XUNTIÑOS O PAN DOS AMIGOS
HEMOS COMER,
XUNTIÑOS O VIÑO DO ENCONTRO
HEMOS BEBER.

CANTIGA FINAL
Que no caiga la fe,
que no caiga la esperanza,
que no caiga la fe,
que no caiga la esperanza.
Que no caiga la fe, mi hermano,
que no caiga la fe, mi hermana.
Que no caiga la fe,
que no caiga la esperanza.


Si se cae la esperanza de tu pecho,
si se acaba el deseo de luchar,
no te olvides del rostro de tu pueblo
e confía, el Señor te sostendrá.

Aunque el tiempo se presente muy difícil
y aumente entre nosotros la aflicción,
que no caiga la esperanza, hermano mío,
ni se apague la luz del Reino de Dios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.