O pasado venres tiven a oportunidade e a sorte de ter acendida a radio no momento que entrevistaban á monxa teresiana Mª Victoria Molins. Foi unha desas entrevistas que te gratifican.
Valentía, autenticidade, coraxe, alegría, positivismo, entrega, AMOR... Isto e moito máis desprende esta muller. Fálanos dos pobres máis pobres; dos que perderon a súa dignidade; de un Deus-Amor e dunha vida entregada a sementar ese amor, a amosar ao Deus misericordioso aos máis necesitados. Transmítenos o poder dunha aperta, dun sorriso, dunha caricia... qué razón ten!
Son vinte e cinco minutos de conversa que paga a pena escoitar.
(premer en "oir")
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.