Lecturas:
TORRES QUEIRUGA, A., Recuperar a creación. Por unha relixión humanizadora. SEPT, 1996
- Deus crea por amor (Cap. II, páxs. 69-91)
- Moral e teonomía (Cap. IV, páxs. 163-200)
GUERRA CAMPOS, M., La confesión de un creyente no crédulo.
Verbo divino, Estella (Navarra), 1998.
Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
-
Cando traballas, descansas, vas ao cine…, pensas que Deus está contento por iso ou que non lle importa, porque o importante é rezar, ir á misa, facer “obras boas”? Non se trata de contestar coa cabeza (coas ideas que descorro como debe ser), senón co corazón, coa reacción espontánea durante a vida ordinaria.
- Realmente, cando algo che sae ben, sentes que Deus está aí contigo, contento? Compara cos casos en que algo che sae mal, hai desgraza ou sufrimento.
- Se che pregunta alguén: “por qué non debemos roubar”, que lle contestas ou contestarías de maneira espontánea?
- Realmente, pensas que sen moral non serías máis feliz, facendo o que che dá a gana, sen mandamentos nin imposicións? Contesta desde a vida.
- Cando se trata de moral, de portarse ben, de ser honrado ou honrada en situacións difíciles que van contra o propio interese, sentes a Deus como un xuíz que te xulga ou como unha compañía que te axuda a portarte ben e a comprenderte aínda que faltes?
- Se de repente chegaras á convicción de que Deus non existe, a túa conduta moral sería a mesma ou distinta?
A propósito do libro de Guerra Campos (se é que o vas lendo):
- Que che parecen as reflexións que fai, as propostas que ofrece?
- Escandalizoute algunha das súas consideracións, ou acaso coincide co que ti mesmo pensabas, aínda que nunca te puxeras a ordenar os teus pensamentos como el o fai no libro que nos ofrece?
- Hai cuestións ao redor da fe, da practica eclesial, ao redor do que quizabes ti mesmo estás facendo con algo de rutina, nas que che gustaría pararte máis, formular a túa visión, contrastala coa do grupo? Por que non aproveitas xa para facelo?
Para ver si chega
ResponderEliminarAcabo de unirme ó voso grupo, quería aproveitar para felicitarvos polo voso traballo e enviarvos unha aperta de Nadal, que o sorriso do Neno bendiga as vosas vidas neste Nadal.
ResponderEliminarNuria Núñez