17 decembro, 2012

Para a terceira sesión


Lecturas:



TORRES QUEIRUGA, A., Recuperar a creación. Por unha relixión humanizadora. SEPT, 1996

     - Deus crea por amor (Cap. II, páxs. 69-91)
     - Moral e teonomía (Cap. IV, páxs. 163-200)






GUERRA CAMPOS, M., La confesión de un creyente no crédulo.

Verbo divino, Estella (Navarra), 1998.




Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
  1. Cando traballas, descansas, vas ao cine…, pensas que Deus está contento por iso ou que non lle importa, porque o importante é rezar, ir á misa, facer “obras boas”? Non se trata de contestar coa cabeza (coas ideas que descorro como debe ser), senón co corazón, coa reacción espontánea durante a vida ordinaria.
  2. Realmente, cando algo che sae ben, sentes que Deus está aí contigo, contento? Compara cos casos en que algo che sae mal, hai desgraza ou sufrimento.
  3. Se che pregunta alguén: “por qué non debemos roubar”, que lle contestas ou contestarías de maneira espontánea?
  4. Realmente, pensas que sen moral non serías máis feliz, facendo o que che dá a gana, sen mandamentos nin imposicións? Contesta desde a vida.
  5. Cando se trata de moral, de portarse ben, de ser honrado ou honrada en situacións difíciles que van contra o propio interese, sentes a Deus como un xuíz que te xulga ou como unha compañía que te axuda a portarte ben e a comprenderte aínda que faltes?
  6. Se de repente chegaras á convicción de que Deus non existe, a túa conduta moral sería a mesma ou distinta?

A propósito do libro de Guerra Campos (se é que o vas lendo):
  1. Que che parecen as reflexións que fai, as propostas que ofrece?
  2. Escandalizoute algunha das súas consideracións, ou acaso coincide co que ti mesmo pensabas, aínda que nunca te puxeras a ordenar os teus pensamentos como el o fai no libro que nos ofrece?
  3. Hai cuestións ao redor da fe, da practica eclesial, ao redor do que quizabes ti mesmo estás facendo con algo de rutina, nas que che gustaría pararte máis, formular a túa visión, contrastala coa do grupo? Por que non aproveitas xa para facelo?

 

2 comentarios:

  1. teresa00:40

    Para ver si chega

    ResponderEliminar
  2. Acabo de unirme ó voso grupo, quería aproveitar para felicitarvos polo voso traballo e enviarvos unha aperta de Nadal, que o sorriso do Neno bendiga as vosas vidas neste Nadal.

    Nuria Núñez

    ResponderEliminar

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.