Celebramos a Trindade, que en definitiva é a identidade amorosa, amante, solidaria, de todos, de todo: alguén que sae de si e ama, alguén amado, amada, e a forza do amor que nos vincula. Así é Deus, e así somos todos e cada un de nós. Deus é Trindade e todos/todas nós estamos chamadas a ser Trindade. É hoxe a festa de Deus, é, polo tanto, tamén a nosa festa.
Signo:
O abrazo, que vemos tamén na imaxe desta folla.
No nome do Pai que nos ama,
do Fillo que nos acompaña,
do Espírito que nos alenta.
XUNTEMOS CEO E TERRA,
FAGAMOS UNIDADE,
CREADOR E CREATURA,
VIVAMOS A TRINDADE.
COS LAZOS DA XUSTIZA,
COS LAZOS DO PERDÓN,
COS LAZOS DO ESPÍRITO,
COS LAZOS DO AMOR.
Se no Fillo fillos somos,
familia, comunidade,
nas nosas vidas vivimos
o regalo da Trindade.
creadores de irmandade,
na nosa Igrexa vivimos
o regalo da Trindade.
Cando entre os pobos facemos
unión, solidariedade,
na loita do amor vivimos
o regalo da Trindade.
Cando coidamos da terra
nai, fogar de humanidade,
nos nosos mimos vivimos
o regalo da Trindade.
Se coa xente compartimos
ledicias, penalidades,
no que sentimos vivimos
o regalo da Trindade.
Na oración e no silencio,
na pobreza, na humildade,
con alegría vivimos
o regalo da Trindade.
No xenio e na tenrura,
na protesta e na bondade,
sinxelamente vivimos
o regalo da Trindade.
de Deus a libre vontade,
na nosa busca vivimos
o regalo da Trindade.
Desde o Pai e con Xesús
camiño, luz e verdade,
no Espírito vivimos
o regalo da Trindade.
Coma don, coma promesa,
coma xa realidade,
no día a día vivimos
o regalo da Trindade.
Xn 21,15-19: namoramento de Cristo, servizo á comunidade, seguimento.
Preces individuais de loanza, de agradecemento, de solidariedade, de perdón, ...
Contestamos dicindo xuntos/as:
SEÑOR, TI SABES QUE TE QUERO
Canto:
PORQUE ES GRANDE, NOSO DEUS, E VÉN DE TI CANTO É BO,
DESDE ESTA NOSA TERRIÑA DÁMOSCHE GRAZAS, SEÑOR.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.