Lecturas:
JOSÉ LUIS SICRE,
Introducción al Antiguo Testamento.
Verbo Divino, Estella (Navarra)
Tema I: APROXIMACIÓN AL ANTIGUO TESTAMENTO
JOSÉ MARÍA MARDONES,
Matar a nuestros dioses. Un Dios para un creyente adulto.
PPC, Madrid.
Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
- Como reaccionas cando les ou escoitas na misa pasaxes "estrañas", coma o paso do "Mar Vermello" con tantas mortes de exipcios?
- Como explicas a Biblia cando che din que contradí a ciencia actual, por exemplo na creación do mundo en seis días, fronte a miles de millóns de anos?
- Como pode haber ideas tan distintas de Deus, algunhas terribles?
- Como compaxinar o Novo Testamento co Antigo?
- Pensa un pouco en como este lectura che pode axudar a ler a Biblia.
O libro de José María Mardones é un libro precioso, moi sinxelo na exposición, moi fondo e denso no seu contido. Presenta dunha maneira ordenada e fácil moitas das cousas que nós imos abordando dunha forma ou doutra na nosa Escola de Espiritualidade.
É un libro moi vivencial, moi para axudar a pensar e repensar cousas, pero para levalas á vida; para deixar de lado determinadas imaxes de Deus que desamañan a nosa relación con el, que nos fan moito máis mal que ben, e para ir experimentando outras imaxes e vivencias de Deus, nas que Deus é con nosoutros, con nosoutras, o que realmente quere ser: un Deus amante, liberador, coidador, capaz de enchernos a vida de paz, de ilusión, de vigor, de esperanza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.