Salmo 83 : (versión oracional á luz do Evanxeo)
Señor,
ti nunca estás calado,
nunca
estás mudo e parado, meu Deus,
por
moito que nolo poida parecer!
Ben
ves que os inimigos se reviran,
os
que aborrecen a xustiza erguen a cabeza.
Traman
proxectos contra o teu pobo,
conspiran
contra a xente que ti tanto queres.
"Vide
--din--, borrémolos do medio dos pobos,
que
o seu nome non se recorde máis".
Están
de acordo na conxura,
entran
no pacto contra ti
os
inimigos da paz e da irmandade,
os
amigos de abusos e violencias,
os
que argallan trampas e falsidades,
os
cómplices da espoliación e da inxustiza,
os
que pasan do sufrimento do pobo
e
só buscan a súa comenencia.
Que
fracasen rotundamente nos seus plans,
que
se derruben os seus castelos de inxustiza,
que
os seus soños de dominio e de poder
queden
estrados coma esterco nos campos.
Que
os seus líderes perdan todo creto,
que
se destapen as trampas e mentiras
de
quen dicía: "Acabemos cos pobres de Deus".
Que
o seu poder, meu Deus, se volva folla seca,
cisco
diante do vento.
Coma
lume que queima os bosques,
coma
fogueira que abura os montes,
que
así a forza do teu amor os envolva,
que
o furacán da xustiza os gañe para a irmandade.
Que
se avergoncen do mal
e
invoquen, Señor, o teu nome.
Queden
avergoñados e arrepentidos,
que
se vexan perdidos e confusos.
Que
aprendan que só ti, meu Deus,
es
o poderosos servidor de toda a terra.
Evanxeo: Mt 5, 13-16
Vós
sodes o sal da terra
(sal:
sabor, conservación, alegría, graza, gozo, humor da vida)
Vós
sodes a luz do mundo
(luz:
transparencia, inocencia, honradez, discernimento, ver a realidade, verdade,...
sobre nós, sobre a vida)
Signo do sal e da luz
Sabíalo?
A
túa vida non é para ti,
soamente
para ti.
O
teu corpo non é para ti,
soamente
para ti.
O
teu amor non é para ti,
soamente
para ti.
Nin
o teu humor,
nin
a túa intelixencia,
nin
o teu tempo,
nin
os teus cartos,
nin
a túa casa ...
Sabíalo?
Estás
feito de sal e luz,
e
luz para alumear.
O
teu é desfacerse coma o sal,
salgando
os demais, salgando o pobo.
Non
teñas medo a quedar desaborido
a
conta de tanto salgar.
O
teu é ir revendo coma a veliña
alumeando
os demais, alumeando o pobo.
Non
teñas medo a ser veliña que reve
a
conta de tanto alumear.
Xa
atoparás
quen
repoña o sal gastado
e
quen acenda no teu corazón
unha
luz que nunca morre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.