Celebrando os beneficios de Deus
Signos: os beneficios de Deus: froitos, móbil, un rostro amado, un rostro oprimido.
Canto:
XENTES
TODAS, APLAUDIDE CON LEDICIA,
ACLAMADE O SEÑOR EN MEDIO DE ATURUXOS.
Salmo 103 : (versión oracional á luz do Evanxeo)
Alma
miña, bendí o Señor
e todo o
meu ser o seu santo nome!
Alma
miña, bendí o Señor,
non
esquezas os seus beneficios.
El perdoa as
túas culpas
e sanda as
túas doenzas;
rescata a
túa vida da morte
e coróate de
amor e de tenrura;
farta de
bens a túa existencia
e renova
coma a da aguia a túa mocidade.
O Señor fai
xustiza
e defende o
dereito da xente oprimida.
Mostroulle
ao seu pobo os seus camiños,
a todas as
nacións as súas fazañas.
O Señor é
misericordioso e clemente,
paciente e
rico en tenrura.
Non está
sempre acusando,
nin é o seu
anoxarse coa xente.
Non nos
trata conforme os nosos erros
nin nos paga
conforme as nosas culpas.
Canto alza o
ceo sobre a terra,
así é grande
o seu amor con todo o mundo;
canto dista
o nacente do poñente,
así arreda de nós as nosas culpas;
canto unha
nai ama os seus fillos,
así ama o
Señor a todas as persoas.
El sabe de
que estamos feitos,
recorda que
somos barro.
Os días do
ser humano son coma palla,
o seu
florecer coma o da flor;
aínda non a
roza o vento, xa se foi,
e o seu
sitio xa non a volve ver.
Mais quen
recoñece o Señor
comproba que
o seu amor dura por sempre;
a súa xustiza é experimentada permanentemente
por quen
garda a súa alianza,
por quen
recorda a súa vontade e a cumpre.
O Señor puxo
entre nós a súa morada,
co seu amor
entregado goberna o universo.
Bendicide o
Señor, cantos o venerades
e estades
dispostas a cumprir a súa vontade.
Bendicide o
Señor, xentes todas,
homes e
mulleres que vos afanades por serlle fieis.
Bendicide o
Señor, todas as súas obras,
en todos os
lugares onde brilla a súa presenza.
Preces:
"Calquera
comunidade da Igrexa, na medida en que pretenda subsistir tranquila sen
ocuparse creativamente e cooperar con eficiencia para que a xente pobre viva
con dignidade e para incluír a todos e todas, tamén correrá o risco da
disolución, aínda que fale de temas sociais ou critique os gobernos. Facilmente
terminará sumida na mundanidade espiritual, disimulada con prácticas
relixiosas, con reunións infecundas ou con discursos baleiros" (E.G.,
n.207)
Noso Pai e Bendición
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.